Muíños de vento do Monte Cabreiro

Muíños de vento do Monte Cabreiro - Catoira - Santa Baia de Oeste

Imaxe: Proxecto Louceiros de Bamio

Restos de tres muíños de vento derrubados. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátanse dos alicerces de tres muíños de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha.

A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes eran de cachotes con rachas, dun grosor máximo de 80 centímetros, cun só perpiaño no lintel da porta, que era o único van disposto. A cuberta era a dúas augas, de tella do país. No solado preparouse un sinxelo piso (o tremiñado), feito de pedras irregulares baixo o que se dispuña o sistema de regulación do muíño (a mesa).

Ao carecer de sistema de orientación das aspas cara o vento, os elementos mecánicos do muíño eran ben simples. O eixo horizontal (a viga) atravesa diametralmente os muros da torre, a 1,60 metros sobre o solado, apoiando sobre unhas pezas de madeira (os zoquetes) que fan de buxas. O eixo tiña a orientación do nordeste ao suroeste, que é a dos ventos dominantes no emprazamento.

Xa no exterior do muíño, e en ambos os dous extremos do eixo, catro varas (os vareiros) o cruzan, unidos de a dous por outras varas (os travesos) nas que se colocaban as aspas (os abanos). Neste muíño os abanos consistían nunhas táboas unidas entre si formando unhas pezas rectangulares de aproximadamente un 1,50 metros de longo por 0,50 metros de ancho.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-OC029
  • Outras denominacións: Muíños de vento do Monte Cabreira
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Santa Baia de Oeste
  • Lugar: Monte Cabreiro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_082) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíños de vento de Pedras Miúdas

Reloxo de sol da Igrexa de San Mamede de Abalo

Palco de música de Cores

Pombal Nº 2 das Rañas