Cruceiro dos Penedos

Cruceiro dos Penedos - Catoira - San Mamede de Abalo

Imaxe: Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

Parte dunha base cúbica coas arestas rebaixadas que sostén un varal, primeiramente rectangular no seu primeiro cuarto, logo octogonal descendente, pois afíase a medida que toma altura. Coróase por un capitel de catro lados curvos cunha vieira no centro de cada un afastada por espirais nas esquinas. Cruz rectangular, con bolas nos extremos. Amosa por diante un Cristo de tres cravos, cos brazos paralelos ao chan e as mans pechadas, ao nó do pano á dereita e o pé dereito por riba do esquerdo. Mira á fronte, cara a canle do río Ulla, por onde pasa a procesión dos romeiros. Por detrás Virxe de pé coas mans en oración, sobre pousadoiro cupuliforme, que semella unha nube. Este cruceiro doouno o Cardeal Arcebispo de Santiago, Fernando Quiroga Palacios, que tamén doara a número V da Punta Grandoiro, en San Xens de Bamio.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-ER006
  • Outras denominacións: Cruceiro de Outeiriño
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Mamede de Abalo
  • Lugar: Os Penedos
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_013) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

    Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Codeso

Cruceiro da Galega

Cruceiro do Cemiterio de San Pedro de Dimo

Cruceiro de Moure