Cruceiro de Punta Telleira

Cruceiro de Punta Telleira - Catoira - Santa Baia de Oeste

Cruceiro do tipo de crucifixo. Sobre a parte central do penedo colocouse unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, varal rectangular no seu primeiro cuarto e logo octogonal descendente. Na parte dianteira e baixa desta vara, a rectangular, atopamos esculpida e formando parte da mesma columna unha serea baixo coroa (o escudo dos Mariño da Illa de Sálvora). Capitel cadrado, de catro lados rectos, adobiado soamente por espirais. Cruz rectangular da que pendura un Cristo pequeno, sen INRI, de tres cravos, cos brazos case paralelos ao chan, mans pechadas, nó do pano á dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás, sobre pousadoiro cadrado, santa de pé cun libro na man, quizais Santa Catarina, pola ligazón entre a Illa de Sálvora e esta santa muller que atopou acollida naquel lugar fuxindo dos seus inimigos. Este cruceiro fora doado por Joaquín Otero Goyanes, Marqués de Revilla, e propietario da Illa de Sálvora.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-ER030
  • Outras denominacións: Cruceiro do Texar
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: Santa Baia de Oeste
  • Lugar: Punta Telleira
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_140) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

    Cruceiros de Galicia

    Guía de Cruceiros Xacobeos no Camiño do Mar de Arousa e Ulla

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Moure

Cruceiro da Fonte Gaiteira

Cruceiro do Busto

Cruceiro de Coaxe