Fonte Mosteira

Fonte Mosteira - Catoira - San Miguel de Catoira

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

Tamén coñecida polo nome de Fonte Bosteira ou Basteira, aínda que os veciños chámanlle a Fonte Mosteira, porque segundo contan, preto dela había un mosteiro.

Trátase dunha fonte tradicional de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado lixeiramente por debaixo do nivel do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal carece de calquera caste de ornamentación. Ao pé da fonte localízase unha pía granítica que, antano, quizais formou parte do conxunto. Ao seu carón atópase un longo lavadoiro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AA059
  • Outras denominacións: Fonte Bosteira ou Fonte Basteira
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Miguel de Catoira
  • Lugar: San Salvador
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Unha recente intervención fixo que esta fonte perdera parcialmente o seu carácter tradicional.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_099) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Cristina Conde Escaloni

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíños do río Batán

Muíño do Campo

Muíño do Vello

Fonte das Pozas