Fonte e lavadoiro do Pazo

Fonte e lavadoiro do Pazo - Catoira - San Mamede de Abalo

Imaxe: Cristina Conde Escaloni

A Fonte do Pazo é unha fonte dun único cano que se insire nun artístico esteo de cantaría situado á beira do rego do Souto da Vila. Inmediato á fonte, un lavadoiro cun vaso labrado en granítico. Este, de planta cadrada, aparece cuberto e permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por unha cuberta de obra que non se adapta ás condicións ambientais da contorna.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AA073
  • Outras denominacións: Fonte do Pazo
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Mamede de Abalo
  • Lugar: Cores
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_120) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño dos Agros

Fonte e lavadoiro de Cotariño

Muíño de Carril

Mina de auga da Casa dos de Morales