Busca

Amosando 505 - 528 de 544 resultados da busca.

Muíño que pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en bo estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar de Cores.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Localizado a uns 30 metros ao oeste da Fonte de San Pedro. Trátase dun lavadoiro cun vaso labrado en granítico, de planta rectangular, que aparece cuberto e permite fregar roupa en dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por unha cuberta de obra que non se adapta ás condicións ambientais da contorna.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por debaixo do nivel do chan. Xa que logo para acceder a ela cómpre descender por unha escalinata pétrea. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental recentemente instalado. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de contención de escasa altura.

No 2008 constituíse a plataforma…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por debaixo do nivel do chan. Xa que logo para acceder a ela cómpre descender por unha escalinata de formigón. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de perfil barroco. O perímetro da fonte aparece protexido por unha varanda de madeira de recente factura.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría, situado por riba do nivel do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un simple edículo ornamental. Destaca a pía de granito e a cal que deriva a auga daquela.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Fonte, en orixe, de dobre cano (na actualidade deita auga por un único conduto) que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por debaixo do nivel do chan e embutido nun muro de contención. Destaca o asento de granito que percorre todo o ancho da cavidade que acolle o manancial.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Fonte tradicional de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría, situado lixeiramente por debaixo do nivel do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental a modo de capia de borde moldurado.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: o da Codeseira…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo, orixinariamente de cantaría, situado un par de metros por debaixo do nivel do chan. Xa que logo para acceder a ela cómpre descender por unha longa escalinata pétrea. De sinxela factura, os muros que delimitan a cavidade poligonal na que se sitúa a fonte aparecen encintados con cemento.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría coroado por un edículo de perfil en forma de chanzos. De sinxela factura, a auga do manancial condúcese por unha pequena canle a un lavadoiro granítico de planta rectangular, que permite fregar roupa por dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por un muro de cachotaría que protexe todo o seu perímetro.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Tamén coñecida polo nome de Fonte Bosteira ou Basteira, aínda que os veciños chámanlle a Fonte Mosteira, porque segundo contan, preto dela había un mosteiro.

Trátase dunha fonte tradicional de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado lixeiramente por debaixo do nivel do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal carece de calquera caste de ornamentación. Ao pé da fonte localízase unha pía granítica que, antano, quizais formou parte…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Fonte tradicional de triplo cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por debaixo do nivel do chan. De sinxela factura, o acceso ao depósito orixinal faise por medio dun treito de escaleiras executado en material prefabricado. O perímetro da fonte aparece protexido por unha varanda de ferro de recente factura.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Pozo de regadío labrado en cachotaría que aparece embutido nun muro de contención, aínda que un tanto recuado respecto da aliñación do muro principal. Destaca o enmarque de pezas de granito de mediano tamaño que flanquea a cavidade que acolle o manancial. O conxunto, pola súa tipoloxía, localización e funcionalidade, posúe un elevado valor etnográfico.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría coroado por un edículo en forma de arco apuntado. De sinxela factura, a auga do manancial condúcese por unha pequena canle a un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por un muro de cachotaría que protexe todo o seu perímetro. Posúe unha placa de…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan. Xa que logo para acceder a ela cómpre descender por unha escalinata de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de perfil popular. O perímetro da fonte aparece protexido por unha varanda de ferro de recente factura.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Lavadoiro localizado no medio dun regueiro de escaso caudal coñecido como río do Campo. De sinxela factura, o lavadoiro granítico, de tipoloxía descuberta, presenta unha planta rectangular que permite fregar roupa en dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece flanqueado por muros de cachotaría que contribúen a fixar as terras de labor que se localizan en todo o seu perímetro.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte de cabaliño situada a escasa altura do chan que se insire nun muro de cachotaría. De sinxela factura, o depósito orixinal carece de coroación ornamental, mais si dispón dun aleiro lixeiramente voado que protexe da chuvia ao xanelo de madeira que permite acceder fisicamente ao manancial.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nun muro de cantaría carente de calquera tipo de ornamentación. De sinxela factura, a auga do manancial verte directamente sobre un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. Ao pé do vaso localízase un edículo ornamental que acolle un segundo cano no que se gravou o ano da súa construción: 1963. O conxunto aparece…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nun muro de cantaría carente de calquera tipo de ornamentación. De sinxela factura, a auga do manancial verte directamente sobre un lavadoiro granítico cuberto de planta rectangular que permite fregar roupa en tres dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. Ao pé do vaso localízase un edículo ornamental que acolle un segundo cano no que se gravou o ano da súa construción: 1963. O conxunto aparece…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Coñecida popularmente como Fonte das Pozas, estamos diante dunha fonte de dobre cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado case a ras do chan. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de perfil popular. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría de recente factura.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Estamos diante dunha fonte de triplo cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de sección rectangular instalado recentemente. Á beira dos canos, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de deseño popular. Entre ambos elementos un beiril voado. Á beira do cano, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura.

A escasos 5 metros da fonte localízase un lavadoiro contruído en 1967.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Fonte construída con perpiaños de granito, rematada por enriba en pequena cornixa saínte biselada. Leva un cano central que verte sobre unha pía de pedra a ras do chan e con desaugadoiro. As pezas que a configuran teñen un relevo que conforma unha liña a modo de enmarque redondeado, que leva a cada lado unha figura en relevo, representando algún motivo floral ou vexetal.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”, fai a…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura da auga

Fonte de auga sulfurosa que nace nunha braña ao carón do río Ulla. Está sen traballar, saíndo a auga de forma natural.

Manuel Lorenzo Baleirón, no seu libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”, escribe desta fonte: “Nas brañas de Bexo, en Anguieiro (Anquieiro na fala nosa) está A Fonte Mineral ou A Fonte do Mineral, nunhas campías preto do río. Pedro Gómez de…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura da auga