Busca

Amosando 1 - 12 de 12 resultados da busca.

Complexo industrial en estado ruinoso localizado á beira do río Ulla. composto por dúas naves, unha delas pechada, e outra cun dos laterais aberto, de planta rectangular de 60 x 10 metros.

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Peirao construído en granito da empresa Cerámicas Domínguez del Noroeste S.A., máis coñecida como Cedonosa. Ten unha lonxitude de case 100 metros, e unha anchura de 10 metros. Levantado cunha altura de entre 3 e 5 metros, foi dotado de escalinatas pétreas, duns 10 chanzos aproximadamente, integradas na planta do peirao e que permiten descender á lámina de auga.

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Actualmente consérvase unha cheminea industrial de ladrillo visto, a cal pertencía a un antigo serradoiro. Serrerías Industriales de Catoira emprazábase na parroquia de Oeste, mentres que do outro lado do río Ulla, na parroquia de Isorna (Rianxo), estaba o…

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro e da Telleira de Padín, cara o oeste.

A telleira foi construída, segundo afirma Ramón Rodríguez, polo tío deste, Secundino Rodríguez Castaño, ou pola súa familia. O…

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Eloy Domínguez Veiga nacera en 1881 en Camposancos (A Guarda), no seo dunha familia con actividade na construción e no comercio. Con quince anos marchara a traballar a Santo Domingo como empregado de comercio. Dous anos despois regresaba a Camposancos para traballar nun negocio de serra mecánica e fornos de cal que montara o seu irmán maior, Manuel, no Pasaxe de Camposancos, ao lado do serradoiro dos irmáns Candeira e a escasa distancia do dos irmáns París.

En 1905…

Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Nave que pertencía ao complexo industrial de Cedonosa e que destaca por dispoñer cubertas individuais sobre cada un dos seus tres volumes, ofrecendo un aspecto de orixinal cuberta quebrada. A nave central presenta unha cubrición en forma de arco de medio punto proxectado, que cambia en cuberta a dúas augas convencional na contrafachada. O alzado principal sitúa un portalón de…

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Anteriormente neste lugar emprazábase a Telleira de María Antonia e a Telleira de Rodríguez

Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar das Telleiras, fronte ao Cruceiro da Gabeira Pequena, nos terreos que hoxe ocupan as naves de Productos Ulla.

Na contorna do espazo que hoxe ocupa a Lagoa de Pedras Miúdas, existían numerosos lugares de extracción de barro, próximos ao lugar das Telleiras, onde se localizaban a Telleira de María Antonia e a…

Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Mina de barro, que se localizaba na cotorna de onde na actualidade se empraza o pavillón de deportes, da que se descoñece para que era utilizada.

Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Antiga mina de extracción de arxila, situada entre as parroquias de San Pedro de Dimo (Catoira) e Santa Comba de Cordeiro (Valga). A mina operou até o ano 2010, momento no que a empresa quebrou e a contorna mineira quedou abandonada. Actualmente a vella mina converteuse nunha lagoa duns 9.500 metros cadrados.

Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura industrial