Pombal da Ponte Abeixón

Pombal da Ponte Abeixón - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Aldea Os Muíños

Pombal rehabilitado que forma parte dun establecemento hoteleiro, situado xunto ao río Té, e ao que se accede dende a estrada a Burés. Pombal de planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, con cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Acceso desde unhas escaleiras exteriores, con ocos rectangulares alintelados en planta baixa e sobre o asoleirado perimetral superior.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-OC007
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: As Miráns
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Actualmente reconvertido en aloxamento hoteleiro.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (P-002)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal da Ponte Abeixón

Ponte da Laxe

Arco da Menora

Porto de Abuín