Cruceiro de Rianxiño

Cruceiro de Rianxiño - Rianxo - Santa Comba de Rianxo

Imaxe: Óscar Franco

Cruceiro de granito situado no acceso oeste de Rianxiño, ao final da rúa de San Xosé, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma de tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada coas arestas rebaixadas dá paso a un varal de sección octogonal. O seu capitel cadrado está decorado con cariñas de anxos nos seus catro lados. O conxunto remata nunha cruz de sección cadrada acanalada con remates nos extremos dos brazos. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe sobre unha peaña con forma de anxo alado no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER094
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa Comba de Rianxo
  • Lugar: Rianxiño
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-081)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Conxunto escultórico das Neves

Cruceiro do Cura

Cruceiro da Capela de San Bartolomeu

Cruceiro de Barreira