Petróglifo Nº 5 do Monte Pelotiña

Petróglifo Nº 5 do Monte Pelotiña - Rianxo - Santa María de Asados

Os petróglifos do Monte Pelotiña están formados por oito conxuntos situados moi preto da Autovía do Barbanza.  Os motivos son principalmente, círculos, zigzag e cazoletas, sen que haxa evidencias de figuracións humanas ou animais.

Esta laxe mide 7,95 metros no eixo N-S e 4,75 metros no eixo L-O. Aínda que sufriu extracción de pedra en todos os seus lados, os gravados permanecen intactos e localízanse na parte central. Consisten nun motivo rectangular irregular con cinco subdivisións internas lonxitudinais e un transversal. Xusto enriba apréciase un círculo dobre de 22 centímetros de diámetro con coviña central. Ao lado, outro motivo circular do mesmo diámetro, aínda que este é case inapreciable debido á erosión. 8 metros ao norte, nunha pequena laxe orientada ao suroeste, e que mide 1,10 metros (N-S) e 1,20 metros (L-O), atópase unha coviña na parte central da rocha.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ042
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Bronce
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Monte Pelotiña
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Na actualidade, non se atopa nun bo estado de conservación, e na maior parte das rochas apenas se distinguen uns pequenos buratos. A maior parte dos petróglifos non son doados de ver. Segundo a veciñanza, esa zona de monte conta con moi poucos coidados e probablemente os incendios sexan a principal causa deste deterioro.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072048)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 4 dos Campos

Petróglifo Nº 5 dos Campos

Petróglifo Nº 6 dos Campos

Petróglifo Nº 7 dos Campos