O Castro

O Castro - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Manuel Gago

Recinto fortificado de 73×40 metros, con forma oval, localizado nun esporón do Monte do Coto ou Monte Picoto, xusto sobre a saída de Catoira pola Autovía do Barbanza. O recinto consta dun terraplén que cingue o recinto, e unha zona principal totalmente chaira. Na ladeira do leste, o LIDAR amosa estruturas que non puideron ser verificadas debido á gran cantidade de maleza do recinto. Na zona oeste, a visita permitiu recoñecer a existencia dun posible foxo, moi colmatado, e unha posible muralla exterior, moi derruída, que reforzaría as defensas por esa área, a máis vulnerable de todo o recinto. O castro foi localizado a través de LIDAR por Elixio Vieites.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro de Foxacos

Mámoa Nº 3 dos Campiños

Castro das Cercas

Petróglifo Nº 3 de Brión