Mámoa Nº 3 de Cuncha Vieira

Mámoa Nº 3 de Cuncha Vieira - Rianxo - Santa María de Isorna

Conxunto de tres túmulos situados nun espolón do Monte Lioira, no lugar de Cuncha Vieira. Atópanse 800 metros ao sur-sueste do outro conxunto megalítico dos Campiños. Trátase de mámoas moi cubertas pola vexetación, entre as que destaca un túmulo de gran tamaño.

Este túmulo mide 13,20 metros no eixo N-S e 12,70 metros no L-O. Conserva unha altura de 0,50 metros. Presenta un burato de violación central que mide 3,10 metros (N-S) e 3,20 metros (L-O), cunha profundidade de 1 metro. Está atravesado por un valado de pedra.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ074
  • Outras denominacións: Mámoa Nº 9 dos Campiños
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Cunha Vieira
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA15072080)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa de Somoza

Petróglifo de Castiñeiriñas

Petróglifo Nº 4 de Abuín

Petróglifo Nº 6 dos Campos