Estela de Doirau

Estela de Doirau - Rianxo - Santa María de Asados

Imaxe: Fotos de Rianxo

A estela reutilizada nunha sepultura tardía, foi descuberta en 1907 na finca “Erbal de Codesal”, situada a 300 metros da estrada N-550, no camiño vello de Asados. Na actualidade está depositada no Museo de Pontevedra.

Atopouse rota en tres partes, non obstante, consérvase íntegra. Na metade superior, que consta dun frontón curvo, aparece unha figura masculina estante que suxeita no ombro esquerdo un recipiente. Viste túnica curta e pernas e pés nus, apóianse nunha dobre arcada superposta. Na parte inferior, a inscrición ten carácter cursivo nalgunhas liñas e está moi mal executada. Trátase dunha estela mixta, entre xeométrica e antropomórfica.

A inscrición, moi borrosa, semella dicir isto: “DIVS (sic por dibus) M S / POSINEIV / FILIA SV(o) / CONIVG(i) / DOIRAV / ANNOR(um) / XXX STTLE(vis) / PIVS IN[suis]”.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-AQ114
  • Outras denominacións: Lauda do Araño
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Época romana
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Asados
  • Lugar: Miráns
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (GA-A-15072001)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Fotos de Rianxo

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 16 dos Campos

Mámoa Nº 2 dos Campiños

Petróglifo Nº 9 do Monte Pelotiña

Mámoa de Piñeiro