Casco de Ouro de Leiro

Casco de Ouro de Leiro - Rianxo - Santa María de Leiro

Imaxe: Centro Arqueolóxico do Barbanza

Foi localizado casualmente, no lugar chamado Curruncho dos Porcos, polo mariñeiro José María Vicente Somoza no ano 1976 cando construía un alboio de apio no seu traballo no mar. Estaba dentro dun vaso cerámico que foi destruído.

Trátase dunha das pezas de ourivería máis importantes de Galicia, de preto de 300 gramos de ouro, datado entre o 1000 a.C. e o 800 a.C. Ten forma hemisférica con apéndice troncocónico na súa parte superior. Toda a superficie da peza atópase decorada cun repuxado por martelo e os motivos decorativos están dispostos en bandas horizontais enmarcados por series de tres baquetóns paralelos, agás os da parte superior que rematan dito apéndice. Desde abaixo cara arriba, aparecen sucesións alternantes de fiadas de umbos e círculos concéntricos cun pequeno umbo central e catro semellantes enmarcando cada círculo externo até completar un total de seis franxas. A cronoloxía levaría a Hallstat B e C, aproximadamente en torno ao século VII a.C. Na actualidade atópase depositado no Museo Histórico da Coruña Castelo de San Antón.

Nunha nova, recollida por La Voz de Galicia, cóntanos como lle ofreceron un porco a cambio do casco. Afortunadamente para os galegos José María non o aceptou e hoxe todos podemos gozar dun tesouro que une a nosa historia a lugares coma o País Vasco (tesouro de Axtroki), Alicante (tesouro de Villena) ou a culturas de todo o occidente europeo.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Petróglifo Nº 1 de Rianxiño

Petróglifo Nº 4 dos Campos

Mámoa Nº 2 do Monte Cabanas

Petróglifo Nº 1 de Abuín