Praza de Abastos

Praza de Abastos - Pontecesures - San Xulián de Requeixo

Desde a Praza de Abastos de Pontecesures, as patifas levaban a patela ou panela a costas (ben sobre a cabeza, ben a lombo dun burro) cheas de peixe “cativo” (sardiña, xouba, xurelo... os máis resistentes, ou lamprea na tempada desta), percorrendo camiños até Lestedo, Santaigo, A Estrada, Vedra, Boqueixón... 

As ganancias das vendas eran ás veces mínimas, mais a “esmola era boa”. Así, ás veces a balanza inclinábase máis ao cambiar peixe por millo, centeo, azucre... produtos de primeira necesidade cos que regresaban á casa despois dunha longa xornada que comezaba ás catro da madrugada. “O que non queriamos era volver co peixe, porque había que tiralo”.

As patifas chegaron a ser na posguerra un colectivo de entre 40 e 50 mulleres, a maioría de Carreiras e Porto. A súa decadencia comezou despois do crecemento económico dos setenta e a venda ambulante de peixe con coche. “Adiantáronsenos os de Taragoña e Rianxo. Cando nós chegabamos, eles xa pasaran no automóbil vendendo o peixe e xa non querían o noso. Pasamos mil traballos”.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PO-AC013
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura civil
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Pontecesures
  • Parroquia: San Xulián de Requeixo
  • Lugar: Travesía do Mercado
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Non

  • Referencias:

    Entre patifas | Pachi Baranda

    Capítulo Cero

    pontecesures.net

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa do Concello

Pazo da Cova

Vivenda Nº 1 do Alfolín da Renda do Tabaco

Casa dos Azulexos