Cruceiro da Ponte

Cruceiro da Ponte - Padrón - Santa María de Iria Flavia

Imaxe: José Alberto Solla Barreiro

Preto deste cruceiro, xunto á N-550 e a Ponte de Cesures, había outro máis antigo que tirou un camión. Foi a restaurar e nunca se supo máis del.

O actual cruceiro está situado no terreo dunha antiga dársena comercial até o século XX. Posteriormente a contorna onde hoxe se localiza o cruceiro, emprazábanse grandes depósitos onde se almacenaba a area que se extraía do río Ulla. Trátase dun cruceiro do tipo fuste rematado nun crucifixo. Esta cruz está construída sobre unha plataforma con tres chanzos en forma cuadrangular sobre a que se atopa o pedestal na mesma forma xeométrica, cunha escocia e a parte superior moldurada. Aos seus pés hai unha rocha cunha placa e a seguinte inscrición: "Esta plaza foi inaugurada sendo alcalde D: JESÚS VILLAMOR A Ponte, Padrón, 30-XII-2000". O fuste comeza e remata en forma cadrada e logo convértese nunha sección octogonal. O capitel é sinxelo e ten un tronco piramidal invertido con varias molduras que van de menos a máis. A cruz comeza e remata en forma cadrada e logo é octogonal. No anverso figura a figura de Cristo crucificado con tres cravos, coroa de espiñas e cabeza inclinada cara ao lado dereito. Sobre a cabeza está a cartela coa inscrición "INRI" empregada neste tipo de monumentos. No reverso non hai ningunha figura.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER032
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 2000
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Iria Flavia
  • Lugar: A Ponte
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Casa da Meixida

Cruceiro do Souto

Cruceiro da rúa Santo Domingo

Cruceiro da Praza Ramón Tojo