Pesqueiras do Carballo

Pesqueiras do Carballo - Padrón - San Pedro de Carcacía

Imaxe: Pablen Compostela Teo

As pesqueiras ou lampreeiras remóntanse á época romana e aínda hoxe se conservan esas antigas artes de pesca. Explotounas o Cabido de Iria até o século XX. Na actualidade pertencen aos veciños do lugar. A concesión para pescar lampreas nas pesqueiras do Ulla ten a súa orixe nun documento datada do século IX que na actualidade está en poder da familia Lago de Herbón, quen no seu día foi interpretado por un frade do Convento dos Franciscanos.

Están formadas por grandes bloques, máis ou menos cuadrangulares, de pedras de moi variados tamaños. As que mellor se conservan cruzan practicamente todo o río, soportando extremas correntes de auga. As súas dimensións varían, mais a media é de 3 metros de alto por 2 de lado e outros 2 de ancho. Están aliñadas en perpendicular ou oblicuas á corrente, cruzando case todo o río, agás unha gran corrente central que se chama “vena” e que queda libre de trampas. Aos ocos que hai entre os bloques, chámanselle “boquetes” ou “pasillos”, e é o lugar onde se arman os aparellos de pesca.

As pesqueiras de Carcacía teñen as subdenominacións Carcacía-Lapido na beira norte e Carcacía na sur. As Pesqueiras do Carballo teñen 3 “pescos” en Carcacía-Lapido e outros 3 en Carcacía, con 2 “pasillos” en ambos casos.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Vilas

Fonte e lavadoiro do Vilar

Fonte da Finca O Carballal

Fonte do Capitán