Fonte do Carme

Fonte do Carme - Padrón - Santiago de Padrón

Imaxe: Xoán Arco da Vella

Fonte monumental de gran tamaño con motivos e figuras relixiosas, obra do mestre Pedro da Bárcena en 1957, remodelada posteriormente no século XVIII. Na parte alta do arco pode verse a chegada a Galicia do Apóstolo Santiago, debaixo desta imaxe outra do mesmo santo bautizando á Raíña Lupa cunha cuncha, e na parte inferior a Virxe das Dores. Foi reconstruída cando remataba o século XVIII, onde unha clara inscrición no exterior informa ao recentemente chegado de que se reedificou esta fonte, reinando o señor don Carlos IIII, sendo alcalde don Joaquín Foxi Bendaña, no ano 1789. No interior advírtese que, o ilustrísimo señor don Manuel de Sanlúcar, Bispo de Sidonia, concedeu 40 días de indulxencias a todos os que devotamente rezaren unha salve diante desta imaxe.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AA006
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1577
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santiago de Padrón
  • Lugar: Costa do Carme
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, aprobado o 27 de xullo de 1994

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pesqueiras da Forrica e do Lago

Fonte e lavadoiro de Berxaos

Muíño Nº 3 de Xoane

Pesqueiras das Bellas