Casa dos Capeláns
Imaxe: Contrucciones Iglesias Mera
Antiga casa dos capeláns, construída no século XVIII para residencia dos eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da antiga Colexiata de Santa María A Maior de Iria Flavia, até a súa supresión e conversión en parroquia no 1851. Trátase dunha edificación exenta e enmarcada no recinto da colexiata. Ten dous andares e está construída con grosos muros de pedra e pisos de armazóns de madeira.
É propiedade da Igrexa, mais está cedida por 60 anos ao Concello de Padrón. Foi rehabilitada no ano 2018. Desde aquela, a edificación segue agardando que se lle asigne algún uso.
- INFORMACIÓN
- Código: PA-AC028
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: Século XVIII
- Concello: Padrón
- Parroquia: Santa María de Iria Flavia
- Lugar: Iria Flavia
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Actualmente rehabilitada.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.746130516484 , -8.6553218531364
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.