Hórreo de Reboiras

Hórreo de Reboiras - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado ao sur da Eira da Malla de Reboiras, nunha pequena leira ao lado da casa á que pertence.

Non ten repisa, as dúas cepas do norte asentan sobre pedras rectangulares a modo de cimentación e a cepa sur asenta directamente sobre a rocha natural. Os soportes son tres cepas de pedra, amalgamadas con argamasa e o que parecen anacos de cunchas. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo e cunha porta de madeira no lateral oeste, enmarcada con dúas columnas, unha de pedra e outra de cemento. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, co van da porta pechado con ladrillo e penal traseiro tamén de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país sobre uralita. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base en escocia; e pináculo piramidal con bóla achatada incrustada. Orientado ao NE.

No 2010,  unha veciña di que andará polos cen anos, que a súa nai, que morreu hai uns quince anos con máis de oitenta, xa lle acordaba de facer o hórreo cando era moi pequena.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO092
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Reboiras
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, non conserva a madeira, sendo substituída por ladrillo, e a cubrición foi renovada, introducindo uralita. A porta lateral é nova (de chapa de madeira), e presenta unha das columnas que a enmarca de cemento. A pedra está manchada con musgos e liques.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 122)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Eiró

Hórreo de Castro

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Imo