Hórreo de Reboiras

Hórreo de Reboiras - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatríz Pereiras

Localizado no lugar coñecido como Eira da Malla de Reboiras, no ángulo NW da mesma.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito duns 40 centímetros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, estando a madeira restaurada e pintada de vermello. Ten unha porta de madeira no lateral leste, enmarcada con columnas de pedra. Linteis, columnas e cornixa de pedra. A cornixa separa os dous  penais dos seus respectivos pinches, e está moldurada. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal hai un motivo decorativo en relevo de forma hexagonal no que está inscrito a data de construción do hórreo, aínda que actualmente está moi gastado, non conseguindo distinguir a data. Cubrición de tella do país. Remates: tres pináculos piramidais estilizados en cada pinche, nos extremos e no centro dos mesmos. Orientado ao NE.

No 2010,  parece que tería uns setenta anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO094
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Reboiras
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Boa, restaurado polos propietarios, os cales o renovaron a madeira e a cubrición.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 121)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Traxeito

Hórreo de Vigo

Eira de Traxeito (3 hórreos)

Hórreo de Lestrobe