Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizado na finca privada da vivenda á que pertence, a casa nº 13 do núcleo, na Aldea de Abaixo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotes de granito, de 1,50 metros de altura aproximadamente. Os soportes son catro cepas de pedra, coa parte superior moldurada. O gabinete oeste está pechado con ladrillo. Ten unhas esqueiras de pedra acaroadas de forma paralela no lateral norte. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillo, con unha porta de madeira no lateral norte. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última sobresaíndo un pouco nos extremos para fora. Os esquinais son tamén de pedra, con sete fendas de ventilación horizontais. Os dous penais son de pedra, con 16 fendas de ventilación horizontais, con pinche de pedra e, neste, un motivo decorativo floral rebaixado na pedra. Sobrepenas nos dous pinches. A cubrición é de tella plana. Remates: no extremo leste, cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre escocia; e pináculo piramidal ao oeste, sobre base cuadrangular. Orientado ao EW.

No 2010, parece que tería máis de cen anos, aínda que a filla da actual propietaria non o sabe precisar.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO182
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Manselle
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, non conservando a madeira, sendo substituída por ladrillo, e coa cubrición en mal estado tamén. Introduce, así mesmo, ladrillo nun dos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra a contorna.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 92)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Eiró

Hórreo de Dodriño

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Pexegueiro