Casa do Cadavid

Imaxe: Paco Costa Lamas
Finca coñecida como O Cadavid ou Cadaví, na que se localizan dúas vivendas, que segundo os “límites oficiais da Xunta de Galicia”, unha emprázase no termo municipal de Dodro e outra no de Padrón.
A vivenda peor conservada é de pedra con estrutura de baixo e un andar, a partir de muros de cachotaría lucida con morteiro e pintada de cor clara. Cuberta a dúas augas con acabado de tella camba sobre armazón de madeira. Acaroada á súa fachada sur, escaleira de pedra que desembarca nunha balconada.
A outra vivenda está moito mellor conservada. Trátase dunha edificación de tres andares, con balconadas e soportais.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-AC006
- Outras denominacións: O Cadavid ou Cadaví
- Tipoloxía: Arquitectura civil
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Lestrobe
- Acceso a pé: Malo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
As dúas edificacións están abandonadas.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AC-11)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.735766869784 , -8.6663773409647
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.