Ponte Vella de Catoira

Ponte Vella de Catoira - Catoira - San Miguel de Catoira

Imaxe: Iago Pillado

Ponte de cronoloxía medieval situada no antigo Camiño Real de Vilagarcía a Santiago de Compostela, sobre o río Catoira. Posúe dous arcos de medio punto rebaixados, cunhas luces que van dos 2,78 aos 3,77 metros. Trátase dunha ponte con bóvedas de sillería de granito apoiados na rocha do leito, con algunhas marcas de canteiro. O resto está feito con perpiaño e cachotaría, agás a calzada que ten laxes compondo o taboleiro. A día de hoxe non ten pretís. Ademais conta cun van aliviadoiro para soportar as enchentes do canle. Rasante alombada.

Proxectada para favorecer o tránsito de vehículos de tracción animal, carece de peitoril de seguridade. Trátase da ponte principal do Camiño Real que atravesa o concello en sentido suroeste-nordeste.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-OC012
  • Outras denominacións: Ponte de Catoira
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: Séculos IX-X
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Miguel de Catoira
  • Lugar: A Ponte
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A actual ponte de formigón da C-550 oculta a vella ponte.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (I_002 e X_009-GA36010009) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pontella de Portocelo

Palco de música de Santa Baia de Oeste

Pontella de Lamelas

Pombal da Casa Grande de Gondar