Manancial das Torres

Manancial das Torres - Catoira - Santa Baia de Oeste

As augas de Catoira nacen nun terreo granítico, afectado pola falla de dirección NE-SO que dá orixe á ría de Arousa e ao río Ulla. Tivo tres mananciais, estando soterrado o que se atopaba ao carón da Igrexa de San Miguel de Catoira. Hoxe en día consérvanse dous: este pequeno manancial preto das Torres de Oeste e o de Laxiñas, que era o que subministraba auga ao Balneario Laxinias. O caudal é cativo e a temperatura fría.

As augas de Catoira tiñan como indicación principal os problemas da pel: eccemas, psoríase... Asemade resultaban particularmente efectivas na cicatrización de úlceras rebeldes, sobre todo nas úlceras varicosas. Outras indicacións eran os trastornos respiratorios, gastro-hepatíticos, as escrofuloses e as enfermidades xenitais da muller.

Eran aplicadas en baños e chorros (quentándose previamente cun sistema especial), pulverizacións e inhalacións para problemas nasais, larínxeos e bronquiais. Tamén, pola súa baixa mineralización, se tomaban en bebida.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Muíño de Abaixo

Muíño de Santiago

Fonte da Xunqueira

Muíño da Ponte