Fonte e lavadoiro do Agro de Tras da Veiga

Fonte e lavadoiro do Agro de Tras da Veiga - Catoira - San Miguel de Catoira

Imaxe: Mary Carmen Diz Álvarez

Fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría coroado por un edículo de perfil en forma de chanzos. De sinxela factura, a auga do manancial condúcese por unha pequena canle a un lavadoiro granítico de planta rectangular, que permite fregar roupa por dous dos seus lados por medio de pedras inclinadas situadas a 0,50 metros de altura. O conxunto aparece protexido por un muro de cachotaría que protexe todo o seu perímetro.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-AA058
  • Outras denominacións: Fonte e lavadoiro de Tras da Veiga
  • Tipoloxía: Arquitectura da auga
  • Cronoloxía: 1950
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Miguel de Catoira
  • Lugar: Agro de Tras da Veiga
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_096) - Aprobación inicial de 2012

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Fonte de Tras da Veiga

Fonte e lavadoiro do Busto

Muíño da Estada

Muíño do Souto