Busca

Amosando 121 - 144 de 3956 resultados da busca.

Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Catoira - Santa Baia de Oeste | Hórreos

Dique tradicional situado nas proximidades da Finca de Patiño. Nela entraban os navíos para efectuar traballos de carga e descarga. Os diques son bacías artificiais de pequenas dimensións, construídas en desvíos das liñas de costa naturais. Estas bacías están en contacto permanente coas augas, neste caso co río Ulla.

Os diques son elementos fundamentais dos portos…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Edificio de planta rectangular e dous andares que se ergue de forma illada ao carón da estrada. Organizada en rúas, a súa fachada amosa entrepanos pintados en ocre con cantaría visible nos eixos estruturais e na contorna dos ocos de acceso e iluminación, en especial no eixo da composición, onde se dispón un balcón granítico voado. Coroa a edificación un hastial semicircular de pedra que acolle un reloxo e o ano de construción do edificio: 1933. A contrafachada do inmoble…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura civil

Edificio de planta rectangular, dous andares e cuberta a un par de augas. Un pequeno volume, de planta terrea, acaroase ao conxunto para acoller as dependencias do xefe de estación. As súas dúas fachadas aparecen enmarcadas por unha imposta horizontal e pilastras graníticas. Os vans, intercalados nos entrepanos enfuscados e pintados, aparecen cubertos por arcos carpaneis.

A cantina da estación, propiedade de Segundo Rodríguez Sánchez, era a sede do Ateneo do Ullán…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Edificio de tipoloxía simple que presenta planta rectangular, dúas alturas e cuberta a dúas augas. Foi levantado en dúas fases utilizando cantaría de granito, sendo moi apreciable a plementería ben escuadrada e mellor dimensionada na contorna dos ocos e nos eixos estruturais do inmoble. A súa fachada presenta ocos con xanelas de tres batentes. Ao seu eido accédese a través dun portalón de acceso que, antano, estivo coroado por unha cruz granítica, hoxe desaparecida.…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura civil

Eloy Domínguez Veiga nacera en 1881 en Camposancos (A Guarda), no seo dunha familia con actividade na construción e no comercio. Con quince anos marchara a traballar a Santo Domingo como empregado de comercio. Dous anos despois regresaba a Camposancos para traballar nun negocio de serra mecánica e fornos de cal que montara o seu irmán maior, Manuel, no Pasaxe de Camposancos, ao lado do serradoiro dos irmáns Candeira e a escasa distancia do dos irmáns París.

En 1905…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura industrial

Emprazada na Baiuca, ao carón do cruceiro do lugar. Edificio de planta rectangular conformado por dous volumes apegados, unha aula e unha vivenda para o mestre/a, protexidos por unha cuberta a dúas augas. Construídos en cantaría de baixa calidade, a aula presenta unha maior altura, así como un maior interese arquitectónico, fundamentalmente na súa fachada principal…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Erguido na Illa da Gabeira Pequena, sobre un rochedo en forma de meda, liso e de cor moi clara sobre o que fincaron os alicerces do cruceiro. A base, parece antiga, e debeuse recuperar dalgún vello cruceiro.

Ten a forma dun cubo baixiño e aparece rematado cada vértice cunha caveira. Entre unha e outra, por diante, amosa un óso longo, quizais un fémur, pola banda dereita, un dragón cos aspecto de saramaganta, por detrás, tibias cruzadas e pola banda esquerda,…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

A Ermida de San Cibrán posúe unha nave duns 20 por 8 metros. O presbiterio non se diferencia en planta, e a el se acaroan outras dúas dependencias a ambos lados, así como outra estancia máis, mais á nave. Lonxitudinalmente, os pés da nave están orientados cara o sueste. Dispón dunha porta principal rectangular, e sobre esta consta un sinxelo óculo, así como diversas xanelas nos laterais da parcela. Na dependencia acaroada do noroeste hai tamén outra pequena porta de…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura relixiosa

Esta ponte levantouse sobre o río Freixeiro, límite parroquial natural, para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso polas parroquias de Abalo e Catoira. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar. Destaca a perfecta labra e trabazón…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Esta ponte levantouse sobre o río do Batán para permitir o seu franqueo a través do Camiño Real ao seu paso pola parroquia de Abalo. A súa estrutura foi construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como no peitoril e enlousado. Nos lenzos murais de recheo botouse man de cachotaría concertada de escasa calidade, sen recebar nin encintar.

Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma o peitoril, a…


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Estamos diante dunha fonte de cabaliño que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece empotrado nun muro de contención de cachotaría. Sobre o cano, que deita auga nunha pía de granito de sección rectangular, figura un epígrafe coa seguinte inscrición "AÑO 809". A ambos lados da fonte disponse unha bancada de granito de…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Estamos diante dunha fonte dun único cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece empotrado nun edículo de cantaría. Sobre o cano, que deita auga nun vaso de granito de sección poligonal, figura un epígrafe coa seguinte inscrición "JAM 1949". O lavadoiro dispón dun conxunto de laxes inclinadas (algunha das orixinais…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Estamos diante dunha fonte de triplo cano que se insire nunha das caras dun cubo de cantaría situado por baixo do nivel do chan, de aí que o acceso teña lugar a través duns chanzos de granito. De sinxela factura, o depósito orixinal aparece coroado por un edículo ornamental de sección rectangular instalado recentemente. Á beira dos canos, nun dos ángulos, unha pequena pía granítica situada a media altura. O perímetro da fonte aparece protexido por un muriño de cachotaría…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Este exemplar pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións, con dúas lacenas para abellas. Localízase nas proximidades da Ermida de San Cibrán, nas proximidades do río do mesmo nome. Dunha única moa e en bo estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do Casal de Mogos.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Este exemplar pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Localízase nas proximidades da Ermida de San Cibrán, nas proximidades do río do mesmo nome. Dunha única moa e en mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do Casal de Mogos.


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Este exemplar pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Sitúase á beira do río Catoira, nas proximidades do lugar de Portocelo. Dunha única moa e en mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do mesmo lugar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga