Busca

Amosando 1 - 24 de 2134 resultados da busca.

Capela pertencente á parroquia de Santa María de Cruces, na honra de San Bieito. Todos os anos no mes de xullo celébrase unha romaría na pequena carballeira que rodea á capela, sacando ao santo en procesión. Esta talla foi realizada en 1845 polo escultor Juan Martín María Pernas Gambino. Nun do laterais hai unha fonte.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura relixiosa

Hórreo no lugar da Canle.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Hórreo no lugar de Isorna.


Rianxo - Santa María de Isorna | Hórreos

Hórreo no lugar de Isorna.


Rianxo - Santa María de Isorna | Hórreos

Hórreo no lugar das Miráns.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Hórreos

Hórreo no lugar das Miráns.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Hórreos

Hórreo no lugar das Miráns.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Hórreos

Conxunto de hórreos no lugar de Tarrío.


Padrón - Santa María de Cruces | Hórreos

Hórreo no lugar de Iria.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Arretén,


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos

Hórreo no lugar de Rial


Padrón - San Pedro de Carcacía | Hórreos

Situado nunha finca pechada con valado de pedra, situada na parte dianteira da casa á que pertence, o número 10 do núcleo.

Fermoso exemplar de hórreo mixto con reloxo de sol. A cimentación é unha repisa baixa de perpiaños e cachotes de granito, duns 40 centímetros de altura. Ten catro cepas de pedra, molduradas na parte superior e…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Non ten nichos, todos os soterramentos son de foxo no terreo. Espazos entre as sepulturas de herba, sen camiños e cun cerramento exterior de muro baixo. A tumba do Premio Nobel de Literatura de 1989, Camilo José Cela, está baixo unha oliveira (Olea europaea) incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras co código 55A.

Na Adina estaban enterrados os avós e o pai de…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa

Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.


Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos

Situado na entrada sur da aldea, a escasos metros da fonte e lavadoiro de Sar, nun xardín moi ben coidado propiedade da casa nº 2, á que pertence o hórreo.

O hórreo levántase sobre unha camada de cemento. Non ten repisa, en troques, as cepas asentan sobre bases rectangulares máis anchas de perpiaños de…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no alto, nun outeiro, no ángulo NW do núcleo.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de factura ruda. Non ten soportes, asentando o tornarratos, corrido, directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que conserva a madeira en moi mal estado. Ten, aínda que en moi mal estado,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Hórreo no lugar da Medela.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Hórreo no lugar do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Hórreos

Situado no patio privada da casa á que pertence, o nº 46 do núcleo, na zona coñecida como O Souto.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, molduradas na parte superior. O gabinete do leste está pechado con ladrillos. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros,…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado no lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur de Reboiras, ao pé dunha pista asfaltada.

Trátase dun fermoso exemplar de hórreo mixto con decoración nos pinches. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito moi alta, aproximadamente duns 3 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra de gran robustez. O tornarratos é unha…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Nunha  pequena finca pechada con enreixados e cemento, encaixado entre unha casa e un alpendre de cemento e ladrillo.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito duns 1,50 metros de altura aproximadamente, encintado con cemento. Os soportes son catro cepas de pedra, cos gabinetes pechados con madeira no lateral leste. O tornarratos é…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

Situado nunha propiedade pechada privada, usado como xardín.

A cimentación non é visible. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. Os tornarratos son pedras transversais sobre casa cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. A madeira está pintada de vermello. Linteis e…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos

No límite dunha finca privada pertencente ao solar número 2 do núcleo, ao pé da estrada que, desde Rialiño, vai cara Paizal e Traxeito.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da finca.  Os soportes son tres cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, actualmente…


Dodro - San Xián de Laíño | Hórreos