Busca

Amosando 49 - 72 de 743 resultados da busca.

Fonte localizada no lugar de Herbón.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Neste punto, localizado preto da aldea da Barca (Padrón), é onde comeza unha canle de regadío construída a finais dos 60 do século XX, mais que nunca chegou a estar en funcionamento, e que percorre toda a marxe esquerda do río Ulla pasando por Padrón (A Barca, A Rocha e Cortiñas), Pontecesures (A Paxareira e Condide) e Valga (A Tarroeira,…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Localízase no adro da Igrexa da Nosa Señora da Mercé. Da fonte abrolla a auga dun picho de pedra que cae nunha pía, para posteriormente chegar até o lavadoiro. Este está formado por 3 pedras de lavar elaborados a partir de bloques graníticos.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Fonte-estanque circular que forma parte do conxunto de edificacións da Finca O Carballal.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga

Manancial de auga da Finca O Carballal, que nace ao pé da Fonte da Ermida do Santiaguiño do Monte.

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga

Fonte localizada dentro das instalacións dunha gasolineira.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Localizada na ladeira norte do Monte do Castro Valente. Fonte vinculada coa Virxe da Nosa Señora da Mercé de Bandín e cuxa auga úsase para curar as verrugas.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Fonte co corpo principal metálico de nova factura e pía de pedra. Moi semellante á existente ao carón do Cemiterio de Adina.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga

Antigamente pertencía a unha das capelanías do Santuario da Escravitude. Foi rehabilitado pola Fundación Paideia no ano 2007.

Este xardín conta cun grande interese didáctico e cultural, xa que por unha parte constitúe unha proba de como se poden aproveitar os espazos pedregosos, con pendentes pronunciadas e escaso solo, como áreas de esparexemento, e por outra permite coñecer plantas pouco habituais nos xardíns galegos.

A práctica totalidade das plantas…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Esta estación, hoxe desaparecida, era moi semellante á que na actualidade aínda existe en Padrón.

Cando apenas pasaran dezanove días desde a inauguración da liña de ferrocarril, apareceu un anuncio na páxina tres do número 382 do xornal El Diario de Santiago, onde se publicaba que, con motivo da festividade da Virxe do Rosario da Escravitude, se poñía a disposición do público un servizo de trens extraordinarios para o domingo 5 de outubro de 1873. O…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Edificio de planta irregular, formado por varios corpos rodeando un patio. Construído a base de cantaría e perpiaños de granito, con teito a dúas augas, agás nos corpo máis alto que vai a catro. Na fachada ten unha escaleira e un patín en forma de U. Un muro rodea a finca, cunha zona axardinada na zona da entrada do pazo, onde se localiza a Capela de Santa Cruz.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura civil

Este era o lugar onde se construían as travesas de madeira do dique que protexía Padrón das augas do río Sar durante os séculos X e XI. Esta construción prolongábase ao norte pola rúa Ferreiros, na que, como seu nome indica, asentábase o gremio de ferreiros da época.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Zona histórica onde se localizaba o gremio dos panadeiros en Padrón.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Historicamente coñecida como Praza do Fiado, mais desde o 16 de xullo de 1920 baixo a denominación actual de Praza de Macías O Namorado. A configuración actual da praza xurdiu tras o derrubamento de algunhas casas que ocupaban este espazo.

O trobador medieval Macías O Namorado dá o actual nome a esta praza. Macías O Namorado foi un trobador e poeta…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Pazo no lugar de Vilar.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Lugar do antigo mercado de carnes de Padrón, onde se comercializaba con este produto.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Desde o século XV, este era o lugar onde se emprazaba o antigo hospital de peregrinos.

Segundo consta no Catastro de Ensenada (1749-1756): “A la treinta dixeron que en dha villa, ay el hospital que llevan declarado, y es de la fundacion dha, y la renta que tiene para su permanencia se remiten a la relacion que…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

O conxunto está formado por unha extensa finca con zonas de xardín e arboredo, a Capela de San Miguel, a Fonte do Capitán, hórreo,…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Antigas casas dos cóengos, construídas en 1790 para residencia dos eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da Colexiata de Santa María A Maior de Iria Flavia, até a súa supresión e conversión en parroquia no 1851.

Trátase dunha edificación de estilo neoclásico, de planta rectangular moi alongada, acadando na fachada uns 159 metros. Fábrica de cantaría de granito. A construción está estruturada pola repetición dun módulo habitable ou vivenda, conformada…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Edificación (casa-mesón) de estilo neoclásico, de planta rectangular e dous andares, construído en perpiaños e cachotaría. Grande soportal sobre altos esteos de granito, abranguendo as dous andares.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Paseo fluvial á beira do Sar, construído arredor do 1832 sobre o meandro do río Sar, e recuberto por plátanos de sombra. Está presidido ao norte polo Monumento a Rosalía de Castro, obra de José María Mateos, e ao sur pola de Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía. O carácter deste paseo dallo a súa arquitectura, o arboredo e a perspectiva.

O conxunto…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Edificación de estilo neoclásico, de dous andares, construída en perpiaños. Fachada con portas de orellas, de enmarcado con relevo. Balcón central en forxa de ferro. Esta edificación, xunto coa Casa do Administrador da Orde Terceira, ambas propiedade da Fundación Paideira Galiza, estaban vinculadas co…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Foi a antiga residencia dos capeláns da igrexa, até a súa desamortización na Primeira República. Trátase dunha edificación de estilo barroco, practicamente cadrada, de dous andares, construída en perpiaños e cachotaría. Patín con escaleira de peitoril. Grande cheminea de magnífico deseño.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Desde a Idade Media celébrase o mercado, onde se vendían e venden todo tipo de mercadorías. Este espazo estaba reservado para o mercado de vacún, mular e cabalar. O mercado de porcos foi traladado á Porta do Reloxo por cuestións de salubridade e polas queixas veciñais.

En 1609, Jerónimo del Hoyo, cardeal de Compostela, escribiu sobre as feiras de gando que se celebraban durante a…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil