Busca

Amosando 3217 - 3240 de 3956 resultados da busca.

Coñecida popularmente como a Casa da Palma, denominación que ven pola existencia no pasado dunha palmeira nos seus predios. Trátase dunha edificación composta por tres partes diferenciadas: a entrada onde se atopa un escudo heráldico, as cortes onde se acomodaba o gando e a casa principal empregada como vivenda. No lintel de pedra da porta de entrada á cociña, aínda se pode observar o debuxo dun escudo e na parte inferior diferentes letras que correspondian á capela que…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil

A configuración actual do edificio que alberga a Casa do Concello de Valga resposta á reforma e ampliación realizada na década dos 80, e que durou até o 1991.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil

Contan os veciños que anteriormente estaba localizado na contorna da Capela dos Martores. Baseamento de planta cuadrangular composto por catro chanzos. O inferior é de cemento, recentemente engadido ao primixenios, todos eles de pedra. Pedestal cúbico cunha inscrición pequena cara o sur. Varal de arranque en sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Conxunto formado por fonte, lavadoiro e dous bancos, elaborados a partir de bloques graníticos, ao carón da Vía Militar Romana Número XIX.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Conxunto do ano 1952 formado por unha fonte de dous canos que verque a unha pía de pedra. Posteriormente a auga vai canalizada até un lavadorio feito en cantaría granitica con dúas follas para o lavado da roupa.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Conxunto arquitectónico emprazado nunha parcela de grandes dimensións, limitada por un muro alto de cachotería de pedra e arco de medio punto enmarcando a entrada principal. A construción principal consiste en dous corpos en I de planta rectangular e muros de cachotería, de un e dous andares. As cubertas son inclinadas e acabadas en tella.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura civil

Corría o ano 1921 cando o Concello de Valga concedía ao empresario vigués Manuel Posada Fernández, asociado a Manuel Otero Bárcenas, tamén de Vigo, permiso para “edificar una casa de labranza baja, destinada a cocer teja y ladrillo, contigua a un galpón para depósito de maquinaria” no lugar da Torre, na parroquia de Campaña.

As primitivas instalacións van completarse no paraxe chamado Gándara de Campaña cunha eira de secado e un secadoiro aberto, un motor…


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial

Valga - Santa Cristina de Campaña | Hórreos

Valga - Santa Cristina de Campaña | Hórreos

Valga - Santa Cristina de Campaña | Hórreos

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos

Cruceiro do tipo de crucifixo, vinculado á Capela de San Paio, con baseamento de planta octogonal composto por catro chanzos. Pedestal de planta octogonal. O varal, monolítico, ten unha base de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. No corpo interior da cara sur hai un retablo de ánimas labrado sobre a mesma pedra, actualmente moi erosionado.…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de capeliña. Elemento de valor histórico-cultural singular por tratarse do único cruceiro de capela documentado no Concello de Valga. O seu baseamento ten planta rectangular. Está formado por dous chanzos. Non ten pedestal. O varal é de ampla sección e está estruturado en dous bloques. O arranque e remate é de planta cuadrangular e o desenrolo do corpo oitavado. Presenta restos epigráficos. O capitel cumpre a función de ser a base da capeliña, adoitando…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, vinculado á Igrexa de San Salvador de Setecoros. Baseamento de planta cuadrangular formado por cinco chanzos. Pedestal cúbico, alternando molduras con faixas do mesmo xeito que no cruceiro de Ponte Valga. Varal de base cuadrangular e desenrolo artístico, con corpo cilíndrico e estriado. Capitel sobre colariño, decorado.…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta rectangular composto por dous chanzos, o primeiro deles semisoterrado. Pedestal de feitío cúbico coroado por unha moldura toroidal. Varal de sección cuadrangular na base e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O cumio do varal ten novamente sección cadrada ensanchada. Capitel decorado sobre colariño octogonal. Cruz en moi mal estado de conservación. Na súa orixe tivo feitío latino e sección octogonal…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, con baseamento de planta octogonal composto por cinco chanzos. Pedestal pseudocúbico, de planta octogonal e con inscricións. Varal con base de sección cuadrangular e desenrolo a modo de corpo cilíndrico e estriado. Capitel de feitío cúbico sobre colariño curvo. Cruz moi alterada xa que carece da cabeceira e dos cabos do brazo menor. Do anverso orixinal só se conserva o tronco da figura de Cristo. O reverso mostra unha Piedade. Trátase do…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo con baseamento de planta cadrada e dous chanzos. Pedestal cúbico, cun rebaixe graduado no lado norte. Varal monolítico, aínda que partido, foi pegado novamente. Capitel que remarca o seu arranque por medio dun colariño. Presenta un corpo troncopiramidal invertido esculpido con anxos, volutas e follas. Cruz latina de sección cilíndrica. O conxunto remata coa cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo co baseamento de planta cadrada e tres chanzos cun aliñamento irregular. Pedestal formado por dous corpos diferenciados e inscrición acerca dos promotores e ano do encargo (1889). Varal monolítico de sección cadrada nas partes inferior e oitavada na parte central. Capitel de feitío troncopiramidal invertido, case cúbico decorado con follas de acanto e cabezas de anxo.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta cadrada de dous chanzos. Pedestal de feitío cúbico, coas arestas superiores biseladas e a cara frontal epigrafiada. O varal e a cruz foron engadidos recentemente, pois os primixenios foron destruídos por unha treboada e perdidos os restos. Trátase dun varal de arranque de sección cuadrangular que se converte en oitavada por rebaixe das arestas. Capitel de volutas e cruz figurada por ambos lados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, realizado polo propio dono do cruceiro e o seu pai, dedicados á profesión de canteiros. A maioría do cruceiro ten un quince anos, foi realizado aproximadamente entre os anos 2000 e 2003. A figura do Cristo engadiuse con posterioridade, sobre os anos 2011 a 20013.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruz latina de granito de brazos desiguais e rematados con estremos pontenzados. Conformada dunha soa peza, sen baseamento. O pedestal é un bloque granítico irregular. A sección é cuadrangular con catro acanaladuras que percorren as arestas. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe en día só se conserva esta e a Cruz…

Cruz latina de cantería dunha soa peza e sen baseamento, sobre pedestal feito cun bloque de pedra irregular. A sección é cuadrangular no arranque e posterior desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe en día só se conserva esta e a…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Hórreos