Busca

Amosando 265 - 288 de 3956 resultados da busca.

Muíño que pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en bo estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar de Cores.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

Muíño que pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en bo estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar de Cores.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

O Muíño de Rodríguez pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar da Brea.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Muíño de rego ou canle de medianas dimensións que se sitúa á beira da estrada, nas proximidades do lugar que lle dá nome. Este exemplar, dunha única moa, en bo estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do mesmo lugar.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura da auga

Muíño de rego ou canle de medianas dimensións que se sitúa á beira do río Catoira, nas proximidades do lugar de Coaxe. Este exemplar, dunha única moa, en mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do mesmo lugar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Muíño situado no lugar coñecido como Portolobo de Arriba, conta cun pasal de pedra que permite acceder a el desde San Salvador. Este exemplar pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Localízase a medio camiño entre a aldea de San Salvador e a Ernida de San Cibrán, ao pé do río do mesmo nome. Dunha única moa e en mal estado de conservación, é…


Catoira - San Miguel de Catoira | Arquitectura da auga

Muíño situado no lugar coñecido como O Cancelo, pódese acceder a el facilmente desde o Muíño do Vello, que conta con pasal sobre o río. Este exemplar pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Localízase a medio camiño entre San Salvador e a Ermida de San Cibrán, ao pé do río do mesmo nome. Dunha única moa e en mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños dos lugares próximos.


Catoira - San Pedro de Dimo | Arquitectura da auga

Nave que pertencía ao complexo industrial de Cedonosa e que destaca por dispoñer cubertas individuais sobre cada un dos seus tres volumes, ofrecendo un aspecto de orixinal cuberta quebrada. A nave central presenta unha cubrición en forma de arco de medio punto proxectado, que cambia en cuberta a dúas augas convencional na contrafachada. O alzado principal sitúa un portalón de…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos

Palco de música localizado na campo da festa de Santa Baia de Oeste.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Palco da música de planta octogonal e 1 metro de altura e que se levantou en granito no campo da festa da parroquia de Dimo. O palco, ao que se accede a través dunha escalinata fixa de catro chanzos labrada en pedra, aparece protexido no seu perímetro cunha varanda metálica e presenta uns entrepanos ornamentais de sección rectangular en cada un dos seus alzados.


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Palco octogonal situado na alameda e ao carón da Casa do Concello, con teito de madeira e escaleiras de pedra. Anteriormente a este existía neste lugar un palco construído en ladrillo que foi derrubado tras as reformas realizadas na alameda nos anos 60-70 do século pasado.


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Panorámica da Lagoa de Pedras Miúdas desde a zona elevada da antiga canteira.


Catoira - San Miguel de Catoira | Panorámicas

Parte dunha base cúbica coas arestas rebaixadas que sostén un varal, primeiramente rectangular no seu primeiro cuarto, logo octogonal descendente, pois afíase a medida que toma altura. Coróase por un capitel de catro lados curvos cunha vieira no centro de cada un afastada por espirais nas esquinas. Cruz rectangular, con bolas nos extremos. Amosa por diante un Cristo de tres cravos, cos brazos paralelos ao chan e as mans pechadas, ao nó do pano á dereita e o pé dereito por…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

A parte inferior componse de tres chanzos irregulares e unha pedra chan que fai de mesa por diante. Base cúbica coas arestas superiores biseladas. A vara comeza sendo cuadrangular, para pasar despois a forma cilíndrica. Remata un capitel de catro lados curvos que presenta nas partes centrais figuras esquemáticas, sen apenas trazos, afastadas por bólas na parte baixa. Cruz de sección rectangular coas arestas redondeadas, finiña e sen figuras.


Catoira - San Pedro de Dimo | Elementos relixiosos

Pasal de pedra e muíño que pertence á modalidade de rego ou canle e presenta medianas dimensións. Dunha única moa e en mal estado de conservación, é propiedade dun grupo de veciños do lugar de Freixeiro.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arquitectura da auga

O Pazo da Baiuca é o inmoble residencial máis destacado do municipio de Catoira. Localizado no núcleo que lle dá nome, presenta unha planta rectangular e dous andares levantados en cantaría de granito, baixo unha cuberta a tres augas. A súa finca aparece rodeada por un muro de cachotaría que delimita unha finca de grande tamaño que acolle no seu interior un hórreo de considerables…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Pedras Miúdas ten a súa orixe nunha antiga canteira no monte da que se extraía pedra. Cando a canteira quedou abandonada, a acumulación das choivas creou esta lagoa artificial, que ten unha profundidade de até 30 metros. A empresa propietaria da canteira pretendía converter o lugar nun vertedoiro, mais ante a presión veciñal levouse a cabo un proxecto para transformar o lugar nun espazo naturalizado.

A zona foi declarada como Espazo Natural de Interese Local…


Catoira - San Miguel de Catoira | Espazos naturais

Peirao construído en granito da empresa Cerámicas Domínguez del Noroeste S.A., máis coñecida como Cedonosa. Ten unha lonxitude de case 100 metros, e unha anchura de 10 metros. Levantado cunha altura de entre 3 e 5 metros, foi dotado de escalinatas pétreas, duns 10 chanzos aproximadamente, integradas na planta do peirao e que permiten descender á lámina de auga.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura industrial

Pequeno templo neobarroco realizado a mediados do século pasado que presenta nave única e planta rectangular. Realizado en cantaría de granito, o máis destacable deste edificio é a espadana dun único oco que coroa a fachada principal. Nos laterais do frontís sitúa dúas cruces de Santiago labradas en altorrelevo sobre xanelas, e no centro un frontón partido con imaxinería precedendo en altura a un óculo.

No adro contiguo á igrexa existe un…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura relixiosa

Pombal de planta circular, que forma parte do conxunto de edificacións da Casa Grande de Gondar.


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Pombal de planta circular, situado no lugar de Tarrío.


Catoira - San Pedro de Dimo | Obra civil

Pombal de planta circular, situado no lugar de Freixeiro.


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil

Pombal de planta circular, situado no lugar das Rañas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil