Busca

Amosando 1 - 24 de 309 resultados da busca.

Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

O rego de Manselle, que pasa por Rial, está cheo de vellos muíños: o do Can, o de Rial, o do Batán, o de Chacón… Enriba da fonte da aldea érguese a cruz dun cruceiro que leva inscrita a data de 1603, o máis antigo do concello. Quizais son restos do antigo Cruceiro de Basoco, derrubado por un ciclón a principios do…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Peto de ánimas no lugar de Pedroso do Norte, do que abrolla auga a través dun cano de pedra que vai dar a un lavadoiro.

Segundo contan os veciños, o peto é un engadido relativamente recente (século…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro que parece ser do tipo de capela ou loreto. Está construído sobre unha plataforma de dous chanzos sobre o que se coloca unha columna que remata de forma cadrada e ten as arestas chafranadas no resto da súa superficie. No fronte ten unha o que semella ser un peto de ánimas para algúns, e para outros simplemente un lugar onde depositar as esmolas da xente.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro construído en granito por plataforma de tres chanzos sobre os que se asenta o pedestal de forma cuadrangular, coas esquinas superiores cortadas en bisel e rematando de forma circular moldurada. O fuste é de sección cuadrangular, comezando de forma cadrada. Está desaparecido o capitel e a cruz.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste ou varal colocado sobre unha plataforma elevada na que se coloca un pedestal cadrado coas arestas superiores redondeados. O fuste comeza de forma cadrada e parece ter algunhas inscricións ou debuxos. Logo vólvese octogonal. O capitel está precedido dunha pequena moldura e ten forma cadrada, con tres molduras e sen máis decoración. A cruz é de sección cadrada e comeza con bordos chafranados até aproximadamente un terzo da altura…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruz inserida nunha rocha no lugar de Extramundi de Arriba, a escasos metros do muro de peche do Pazo da Torre do Monte.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz localizado no interior dunha propiedade privada no lugar de Cruces. O capitel é de forma redondeada e a cruz de forma cadrada, mais talladas de forma irregular.


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

No lugar coñecido como A Tomada, xunto as aldeas de arriba, na parroquia de San Xián de Laíño. Ao pé da estrada Laíño-Rois.

Cruceiro de granito (plataforma e basa) e cemento (varal e cruz). A base mide 3,15 metros. O baseamento é cuadrangular con catro graos de pedra. O pedestal é cuadrangular, remata cunha roda…


Dodro - San Xián de Laíño | Elementos relixiosos

Na actualidade forma parte do muro de peche dunha finca do núcleo, ao longo da estrada AC-307. Ao lado do solar nº 4 da Rúa Fortunato Cruces.

Cruceiro de granito e metal (a cruz). Non ten baseamento. O pedestal é cuadrangular cos ángulos superiores chafranados. O varal é de sección octogonal, moi erosionado. Non…


Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

Cruz e gravado no lintel de acceso a unha vivenda no lugar da Porta dos Mariños.

O texto que segue a continuación é autoría de Fernando Cabeza Quiles.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz, recolocado unha encrucillada de camiños entre os lugares de Suigrexa e Somoza.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro localizado na finca pertencente á Casa do Sisto.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Vía crucis formado por 11 cruces que rodean ao adro da Igrexa de Santa María de Xanza.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo nunha encrucillada de camiños en Pousada. Sufriu as inclemencias meteorolóxicas e foi restaurado posteriormente polo Concello de Rianxo.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Pía bautismal do século XVIII onde  foron bautizados o 20 de xullo de 1871 Ovidio e Gala (Ovidio Emmanuel e Gala Blanca Eleonora) Murguía Castro, os fillos xemelgos de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, nados nas Torres de Hermida en Lestrobe, o día 2 do mesmo mes.


Dodro - Santa María de Dodro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no cruce do Bosque, ao leste da rúa de Pazo, da tipoloxía de cruz.

Plataforma de tres chanzos, con moldura perimetral no chanzo superior sobre o que apoia unha base cadrada con remates nos vértices e decoración xeométrica nas caras. Fuste octogonal con sección cadrada no contacto coa…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruz de granito sobre o muro de peche dunha vivenda situada á beira da estrada principal, nun dos cruces de acceso ao Pazo.

Cruz latina sen imaxes co brazo inferior máis longo apoiado sobre unha base cadrada. Sección cadrada coas arestas chafranadas e decoración nos tres vértices superiores e nos extremos do brazo…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no acceso sur de Rianxiño, nas proximidades do Pazo de Rianxiño, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma de dous chanzos. Posúe unha base composta por un corpo con toro e escocias. A continuación…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no acceso oeste de Rianxiño, ao final da rúa de San Xosé, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma de tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica moldurada coas arestas rebaixadas dá paso a un varal de sección octogonal. O seu capitel cadrado está decorado con cariñas de anxos nos…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado na marxe norte da rúa da Fincheira, da tipoloxía de crucifixo.

Plataforma feita a base de perpiaño granítico irregular. A continuación dous chanzos de sección cadrada e arestas chafranadas, o primeiro deles moldurado. A base, de sección octogonal, presenta relevos decorativos moi…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no adro da Capela de San Bartolomeu, da tipoloxía de capeliña.

Cruceiro do ano 2003, obra do escultor Cabeza Quiles, con plataforma de tres chanzos de sección cadrada. A continuación…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Elementos relixiosos