Busca

Amosando 217 - 225 de 225 resultados da busca.

O que en Rianxo se coñece popularmente polo Campo está formado por dúas terrazas: a do Campo de Arriba e a do Campo de Abaixo, oficialmente Praza Castelao, e durante o franquismo Plaza del Generalísimo.

Esta praza constitúe…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

A fachada marítima de Rianxo, A Ribeira, está presidida en terra, pola liña de xardíns onde se atopan os monumentos na honra da Manuela, de Castelao, Rafael Dieste,…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Esta edificación de finais do século XIX principios do século XX, foi a casa natal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, declarada BIC (Ben de Interese Cultural) en 2007.

Edificación entre medianeiras de planta rectangular e tres andares con cuberta a dúas augas de tella. Está realizada…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Situado nos altos de Tanxil, este chalé comezouse a edificar cando o autorizou o Concello, en setembro de 1913. Os traballos estiveron a cargo do mestre de obras de Santiago, Perfecto Fontán, e do canteiro de Rianxo, Manuel Iglesias Eiras. O arquitecto foi Eduardo Rodríguez-Losada.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

Vivenda no lugar de Abuín que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Lavadoiro situado ao carón do Cruceiro da Laxe Pequena.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Edificación hoxe desaparecida que se emprazaba na Ribeira, na actual Praza da Manuela, ao carón do Porto de Rianxo. Era o lugar onde se vendía o peixe, e onde na súa contorna, as mulleres vendían berberechos e reparaban as redes.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura civil

A casa de Ramón Sende, situada na Praza de Manuel Antonio, foi o berce do galeguismo en Asados, pois era a sede do Partido Galeguista. En 1936, o partido tiña en Rianxo 264 afiliados, a agrupación máis numerosa de Galicia. Na…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Casa no lugar de Asadelos onde faleceu Manuel Antonio un 28 de xaneiro de 1930. Esta casa foi comprada por dona Pura, súa nai, xa que nesta parroquia exercera de mestra desde 1916. Manuel Antonio nacera nunha casa da rúa de Abaixo do casco histórico de Rianxo, edificación que alberga na actualidade a súa casa-museo.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil