Busca

Amosando 1 - 24 de 190 resultados da busca.

Porto no lugar de Abuín onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Porto no lugar de Sobrido, na Enseada do Pico. Aínda que empregado como porto para pequenas embarcacións, a tipoloxía dos muros poderían indicar que no pasado tivo un uso de viveiro, salina ou alfolín.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída en pedra de granito e…


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Porto no lugar de Rial onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse. Chégase cruzando a Ponte de Rial, ao carón do Muíño de Lodeiros, xa na desembocadura do río do Mar ou rego de Rial no Ulla.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Petróglifo composto por tres afloramentos rochosos.

A rocha 2 trátase dun pequeno bolo granítico, afectado por labores de cantaría tradicional. Atopamos na súa vertente oriental vairas representacións. Destaca na parte alta o que puidera ser unha escena de equitación ou monta acrobática, na parte media un cuadrúpede incompleto (fáltalle parte do colo e a cabeza); e na parte inferior, articulado arredor dun ovalo aberto con coviñas no interior, e vencellado a…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Trátase dun dos primeiros gravados descubertos no Concello de Rianxo. Localízase nunha laxe próxima á vía rápida, aos pés do Monte Pelotiña. O petróglifo está composto por motivos concéntricos e armas. Máis recentes son as figuras de cruces e unha curiosa “estrela de David”.

Descrita por primeira vez por F. Calo Lourido e J.M. González…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Probablemente se trate simplemente dun topónimo sen xacemento, non sendo posible na actualidade apreciar ningún resto construtivo que puidera caracterizar a un asentamento castrexo; parapetos, foxos, murallas, estruturas habitacionais, aterrazamentos.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arqueoloxía

Conxunto formado por catro túmulos situados nun paso entre os Montes Pelotiña e o Monte da Pena.

Este túmulo mide 25,70 metros no eixo N-S e 28,30 metros no eixo L-O. Ten unha altura de 2 metros. Presenta un burato de violación central que mide 4,50 metros no eixo N-S e 5,10 metros no eixo L-O,…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Soterramento neolítico situado entre a aldea de Burés e a Castiñeiriña, no cumio do Monte Mourelles. O túmulo ten uns 22 metros de diámetro, cunha altura de 1,10 metros. Ten un cono de violación duns 4,5 metros por uns 50 centímetros de profundidade.

A Mámoa de Mourelles foi recuperada pola Comunidade de Montes de Asados no 2017, que lle fixo unha limpeza e puxo sinalización. As mámoas son enterramentos funerarios da época do Neolítico (fai cinco ou seis mil anos…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Conxunto formado por catro túmulos situados nun paso entre os Montes Pelotiña e o Monte da Pena.

Este túmulo é o situado máis ao norte. Mide 27,10 metros no eixo NL-SO, 0 no NO-SL. Ten unha altura de 1,55 metros. Presenta un burato de violación central de 7,10 metros (NO-SL) e 7,40 (NL-SO),…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Túmulo que está situado nunha ladeira do Monte Pelotiña. Mide 11,30 metros no eixo N-S e 13,50 no eixo L-O. A súa altura é de 0,45 metros. Non presenta burato de violación central.


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Mámoa no lugar de Piñeiro.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de seis túmulos que se atopan nun rechán de paso entre o Monte Ceán e o Monte do Couto. Este grupo de mámoas sitúase preto da saída cara a Catoira desde a Autovía do Barbanza, á man dereita.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de tres túmulos situados nun espolón do Monte Lioira, no lugar de Cuncha Vieira. Atópanse 800 metros ao sur-sueste do outro conxunto megalítico dos Campiños. Trátase de mámoas moi cubertas pola vexetación, entre as que destaca un túmulo de gran tamaño.

Este túmulo localízase á beira…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Tamén coñecido como Castro do Portelo, Monte Verme ou Castro de Brión, sitúase nunha pequena península que se interna no mar entre as praias das Cunchas e do Porrón. Está ateigado de maleza e apenas se pode andar pola superficie, mais polo lado que o une a terra intúese unha entrada a carón…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

O castro está situado nunha posición estratéxica que domina a entrada do río Ulla e a Enseada de Leiro desde o Monte Quintáns, a 152 metros de altitude. O monte no que se atopa amosa fortes pendentes polas banda norte, sur e leste, acadando esa altura a tan só 500 metros de distancia das…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de seis túmulos megalíticos que forman a Necrópole dos Campiños, sita nunha chaira disposta lonxitudinalmente sobre a dorsal que cae desde o extremo sur do Monte Lioira. Os túmulos distribúense a ambos lados do camiño a escasos 50 metros do inicio da pista. Hai varias escavadas, mais a máis visible é a última a man dereita, que constitúe o túmulo máis grande.

Mide 22,50 metros no eixo L-O e 23 no N-S. O diámetro do pozo de saqueo é 9 metros, a altura…


Rianxo - Santa María de Isorna | Arqueoloxía

Conxunto de dez túmulos sitos en Burés, que constitúen a Necrópole do Monte Picoto. Están na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo, e a uns centos de metros ao oeste das catro mámoas da Necrópole da Paradegua, sitas en Bexo (Dodro).

Este túmulo está situado no cumio do monte e atópase…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Asentamento castrexo con croa circular, defendida por un parapeto que pecha case todo o recinto. A súa croa mide 82,10 metros no eixo N-S e 52,20 no L-O. Está lixeiramente inclinada cara ao sur e cara ao leste, seguindo a pendente do terreo. O parapeto interno rodéaa agás no oeste, onde queda interrompido por un camiño, e no sur por un valado de peche dunha finca. Posiblemente o camiño sexa o antigo foxo que, na…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arqueoloxía

Foi localizado casualmente, no lugar chamado Curruncho dos Porcos, polo mariñeiro José María Vicente Somoza no ano 1976 cando construía un alboio de apio no seu traballo no mar. Estaba dentro dun vaso cerámico que foi destruído.

Trátase dunha das pezas de ourivería máis importantes de Galicia, de preto de 300 gramos de ouro, datado entre o 1000 a.C. e o 800 a.C. Ten forma hemisférica con apéndice troncocónico na súa parte superior. Toda a superficie da peza…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

A Estela do Araño, reutilizada nunha sepultura tardía, foi descuberta en 1907 na finca “Erbal de Codesal”, situada a 300 metros da estrada N-550, no camiño vello de Asados. Na actualidade está depositada no Museo de Pontevedra.

Atopouse rota en tres partes, non obstante, consérvase íntegra. Na metade superior, que consta dun frontón curvo, aparece unha figura masculina estante que suxeita no ombro esquerdo un recipiente.…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arqueoloxía

Castro de planta oval, cunha croa orientado ao norte no cumio do Monte Pelotiña. Trátase dun recinto fortificado cunhas medidas de 80 metros (N-S) e 63 metros (O-L), ubicado na zona superior dun outeiro que separa o val de Asados-Araño das estribacións e vales que levan até a ribeira do río Ulla. Emprazado a 217 metros de altura, dispón dunha amplísima perspectiva sobre o territorio que o rodea. O recinto fortificado consta dunha muralla perimetral formada por pedra e…


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía

Sobre un bolo granítico de considerables dimensións, emprázanse os dous conxuntos de motivos, un xusto a media altura, nun pequeno rebaixe que posúe o bolo e que permite o acceso á parte superior.

Os motivos repártense en dous pequenos paneis, un na parte superior (panel 1), xusto ao carón do…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arqueoloxía

Petróglifo sobre unha laxe de granito a rentes do chan, con orientación N-S e dominio visual preferente sobre a desembocadura do Ulla e a rasa litoral. A laxe presenta unhas dimensións no eixo N-S de 1,30 metros e no eixo E-W de 2,25. O motivo componse por unha coviña de 4 centímetros de diámetro.


Rianxo - Santa María de Asados | Arqueoloxía