Busca

Amosando 25 - 29 de 29 resultados da busca.

Capela de planta rectangular, cuberta a dúas augas e cerramentos de fábrica de Hera. A súa fachada principal posúe un Santiago peregrino, situado nunha furniña, por riba da porta principal. Segundo se conta, esta imaxe foi atopada fai máis de 150 anos baixo terra, no  lugar coñecido como Fonte do Apóstolo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa

Templo construído sobre outro orixinal anterior á cristianización. O edificio actual, do século XVII, consta de planta rectangular e muros de cachotería, agás o da portada, que é de perpiaños e posúe un campanario.

Segundo a teoría do bispo Don José Guerra Campos, natural de Ames, no seu traballo Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apóstol Santiago de 1982, sinala o lugar dos Martores, como a localización máis posible para o enterramento…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa

Segundo M. Murguía (1888, p. 621), a igrexa foi consagrada por Xelmírez a comezos do século XII, na mesma data de consagración das demais igrexas da xurisdición iriense, téndose aproveitado na súa construción materiais dunha igrexa anterior.

O Museo de Pontevedra garda, procedentes desta igrexa, un capitel e un fuste de columna de mármore branca, que durante un tempo serviron como soporte dun pórtico emprazado no lateral sur da parroquial. A este capitel de Xanza…


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura relixiosa

Capela que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura relixiosa

Capela que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo de Raxoi. Localízase na parte sur, facendo fachada coa estrada que leva a Ponte Valga. Está executada en cantaría e presenta unha pequena espada metálica.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa