Busca

Amosando 169 - 192 de 249 resultados da busca.

Na ribeira leste do río Valga, ao noroeste do Alto da Trigueira, trátase dun muíño de planta trapezoidal construído en cachotería, unida entre si mediante argamasa e con pequenas pedras a modo de cuñas. A cuberta resólvese mediante tellado a unha auga cuberto de tella do país e aleiro de pedra. Ao norte localízase a canle tamén de pedra, que fornecía de auga ao muíño.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Na ribeira oeste do río Valga, ao noroeste do Alto da Trigueira, trátase dun muíño de planta trapezoidal construído en cachotería granítica. Tellado a unha auga que estaba cuberto con tella do país aínda que na actualidade practicamente non conserva teitume.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Nas terras chas que se estenden ao norte do Alto da Trigueira, na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular, construído en cachotería granítica asentada en seco e parcialmente unida mediante argamasa e cemento. Tellado a dúas augas cuberta con tella do país e aleiro de ladrillo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Nas terras chas que se estenden ao norte do Alto da Trigueira, na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular, construído en cachotería granítica asentada en seco e con pequenas pedras a xeito de cuñas. Tellado a dúas augas cuberto inicialmente con tella do país, aínda que na actualidade non conserva teitume. Conserva a roda de moer no seu interior. No sector leste consérvase a canle de…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Na ribeira oeste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Na ribeira norte do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular e tellado a dúas augas con cuberta en fibrocemento, vinculado ao conxunto do Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de pedra emprazada nunha encrucillada de camiños, ao pé do Cruceiro de San Miguel de Valga.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Vinculada á Capela dos Martores, trátase dunha fonte feita con pedras de granito e cano metálico.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior, para posteriormente repartila aos prados existentes na contorna. Está pechado polo sur por un muro de cachotería granítica asentada en seco, duns 5 metros de longo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

No leito do río Valga e construída en pedra. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Lavadoiro do Carballiño.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Fonte elaborada con bloques graníticos e cano metálico.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do punto de afloramento das correntes subterráneas de auga, e ademais de sanear a zona para evitar contaminacións do recurso, serven para facilitar a canalización cara unha fonte ou condución.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte de bloques graníticos e lavadoiro de material cerámico recebado.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Fonte no lugar de Barro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Un pequeno sendeiro leva desde a Ermida de San Pedro de Vilas até a coñecida como Fonte da Tixola.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga