Busca

Amosando 97 - 120 de 249 resultados da busca.

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro situado ao lado do Cruceiro da Fonte, sobre un dos accesos principais do lugar de Suigrexa. Lavadoiro de planta rectangular de granito, acaroado a un muro baixo o cal discorre a canle desde a fonte. Cuberta a dúas augas de tella sobre estrutura de madeira, apoiada sobre piares de granito. Fonte composta por un volume prismático de granito e unha…

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Fonte situada fronte ao Muíño de Burés, ao lado dun espazo verde xunto ao río. Fonte composta por un volume prismático de cantaría de granito cun cano metálico, que verte nunha pía rectangular situada a rentes do chan delimitada por lousas de granito. Existe un lavadoiro próximo de recente construción, realizado en formigón.

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Fonte de pedra xunto ao Cruceiro da Fonte, situados nun cruce, no camiño que atravesa o núcleo e leva ao Pazo dos Torrado de Brión e á Capela dos Desamparados. Fonte dun cano composta por un volume trapezoidal de cantaría e unha e pía rectangular acaroada á plataforma do cruceiro.

Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Fonte situada no extremo sueste do lugar de Burés, no camiño ao río, acaroada a un muro de peche de cachotaría sobre o que se alza o Hórreo do Agro Novo. Corpo central de cantaría de granito, composto por un volume prismático inferior onde se sitúa o cano e un volume de remate en arco de medio punto coa data de construción da fonte (1962). Pía rectangular a rentes do chan, delimitada por dúas lousas de granito, e un pequeno mesado semicircular acaroado a un lateral.

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Fonte situada no acceso sur ao lugar da Marquesa, fronte ao Muíño da Marquesa. Está realizada en cantaría de granito, con base cuadrangular sobre a que se alza un volume prismático onde se localiza o cano. Pía semicircular acaroada a un lateral da base.

Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que…

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Lavadoiro situado na beira do camiño que comunica os luagres de Buía e O Rabado. O recinto, delimitado por muros de cachotaría de granito, está situado a un nivel inferior con respecto á rúa, con acceso mediante unha escaleira situada nun lateral. Lavadoiro rectangular de formigón construído recentemente, acaroado lonxitudinalmente ao muro, coas pedras de lavar no resto dos lados.

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Nuns apuntes de García Alén gardados no Museo de Pontevedra, recóllese a tradición oral relacionada co Castelo da Medela, no que se dicía que: “A unos cien metros hay un sitio del que sacaron piedra de un agujero en el que, según la leyenda bailaba una moura”. Probablemente o burato do que falaba García Alén era este corgo.

Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Situado á beira do Camiño Portugués, no treito que discorre entre o Pino e a Medela. Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior. Está pechado polo leste por un muro de cachotaría granítica asentada en seco, de 6,8 metros de longo por 1,3 metros de ancho.

Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte de bloques de granito emprazada nunha área na que tamén existe un corgo de bloques de formigón.

Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar de Ponte Valga. A auga bombeada procede directamente dun pozo.

Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Situada nunha encrucillada ao carón da Cruz de Ferreirós, semisoterrada e delimitada por muretes de cachotería.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte elaborada con bloques graníticos, cano metálico e escudo en relevo do Concello de Valga gravado na pedra.

Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Emprazado ao carón da Ponte do Souto, formado por unha pía de bloques graníticos, piares de pedra e cuberta de tella.

Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto. Piares de soporte e cuberta en formigón, rematada en tella do país.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía a base de bloques graníticos e piares de suxeición da cuberta de granito.

Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo.

Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Estrutura da cuberta e cubrición en formigón.

Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición da cuberta tamén en granito con sección cadrada. Cuberta de formigón con acabado en tella do país.