Busca
Estas caleiras foran estabelecidas en 1923 por Ramón Diéguez Carlés, baixo a razón social Caleras del Ulla. Diéguez, dunha familia de pequenos comerciantes, estudiara química e farmacia en Santiago de Compostela, e comezara a traballar en Madrid, no laboratorio dun dos mais importantes farmacéuticos do país, o licenciado santiagués José Casares Gil, precursor do desenvolvemento da química en España.
O 6 de febreiro de 1923, na solicitude da licenza de…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
As instalacións que configuraran o conxunto da Cerámica Celta, acaroadas á que fora industria de fabricación de cal (Caleras del Ulla), localízanse na aba setentrional do Monte do Porto, na ribeira esquerda do río Ulla tras o seu paso pola vila.
En 1923 Ramón Diéguez Carlés, establecía unha fábrica de cal baixo a razón social Caleras del Ulla…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
O pequeno obradoiro localízase na ribeira esquerda do esteiro do río Ulla en San Xulián de Pontecesures, no lugar coñecido como O Cantiño, a carón da vía do ferrocarril, no camiño que vai da Ponte de Cesures a Cortiñas.
En 1925, apenas dous anos despois de ter aberto a…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
En 1882, o aristócrata Ángel Zabala de Borines, nado en 1855 en Cangas do Morrazo, funda unha fábrica de refrescos en Pontecesures, Gaseosas Zabala, o Almacén de Coloniais, Ultramarinos Zabala e a primeira liña de autocares Pontecesures-Padrón.
En aqueles anos, Pontecesures era xa un referente industrial e comercial no norte da provincia de Pontevedra, grazas ao seu emprazamento privilexiado convértese nun importante nó de comunicacións, así como o feito…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
A explosión industrial e económica, que aconteceu no século XVIII, levou á construción, por orde de Carlos IV, dun almacén ou alfolín de rendas estancadas. Isto foi propiciado polo feito de que Pontecesures xa era desde 1467, o único porto autorizado para a descarga do sal en toda a ría de Arousa, debido á súa situación estratéxica para a distribución de mercadorías. A súa construción foi froito da necesidade dun espazo onde almacenar certos produtos de valor, derivados…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
Cheminea industrial de ladrillo visto, pertencente a un complexo fabril de Maderas Magán.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
Fábrica de candeas fundada por José Diéguez Sueiro, que recolle a tradición de máis dun século. Localízase no número 24 da rúa Víctor García.
As primeiras candeas de man, fabrícanse en Cesures utilizando o “noque” que chegou á fábrica cando…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
O 1 de febreiro de 1938 constituíse ILEPSA (Industria Lechera Penisular Sociedad Anónima) e o 16 de agosto de 1939 inaugurouse a primeira fabricación de leite condensada. Pola súa situación á beira do río Ulla, a fábrica permitía a carga e descarga da madeira para as caldeiras, a folla de lata para os envases e dos produtos xa acabados, que eran trasladados en vellos…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar do Telleiro, fronte ao Pazo da Cova.
Nesta telleira traballou hai moitos anos un home con acento portugués chamado “Moquillo” que amasaba o barro con dúas mulas.…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial
A barreira da Mina Cristina atopábase no Concello de Pontecesures, tras o Centro de Saúde de Valga. Inventariada co número 1499 do catálogo mineiro e pertencente, igual que a Mina Mercedes, ao Grupo Mineiro “Minas cerámicas de Campaña”. Estaba situada no Monte de Utilidade pública nº129 do Catálogo de…