Busca

Amosando 1 - 24 de 25 resultados da busca.

Localízanse no lugar de Carreiras, o conxunto foi construído en 1950 e restaurado entre os anos 1999 e 2000. A fonte está feita de pedra e ten dous canos, a auga cae nunha pía rectangular de 1 metro  de longo e 50 centímetros de ancho. Desde aquí a auga é canalizada cara ao “pilón” (así é como lle chaman os veciños ao lavadoiro). A pía deste mide 5 metros de longo, 2 metros de ancho e 50…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízase na rúa do Pilar, en San Xulián. Atópase máis baixo que a rúa que dá acceso ao mesmo, polo que ten unhas escaleiras de pedra para chegar á pía. Non se coñece o ano de construción. O lavadoiro está construído en pedra e a auga que o abastece procede dun manancial que pasa por debaixo da rúa. A pía ten 4,5 metros de longo e 2 metros de ancho, e as pedras de lavar sitúanse nos…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízase na avenida de Vigo a un nivel máis baixo que a rúa, polo que se deben baixar unhas escaleiras para acceder a el. Non se coñece o ano de construción, mais foi restaurado pola escola obradoiro entre os anos 1999 e 2000. A auga que o abastece procede dun regueiro que pasa ao seu carón. Está todo construído en pedra, ten un tellado cuberto con tella do país e apoiado sobre unha…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Na ribeira do rego que fornece de auga ao Lavadoiro da Chancela, e que canalizado baixo terra, morre no río Ulla.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Fonte localizada na Praza da Plazuela, elaborada con pedra granítica, cano metálico e cuncha en relevo gravada na pedra. Construída na mesma data que a igrexa, no muro das escaleiras que dan acceso á Igrexa Parroquial de Pontecesures. Orixinariamente atopábase…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Atópase na rúa do Pilar, en San Xulián. Consta dun só cano que verte directamente sobre a rúa. Á beira do cano, hai unha pedra colocada horizontalmente e incrustada no muro, que se empregaba para pousar as sellas. Segundo fontes locais, inicialmente o manancial atopábase un pouco máis ao sur, mais quedaba a un nivel máis baixo que a rúa e non era fácil coller a auga. Por este motivo,…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízase na rúa Ullán, a un nivel máis baixo que a beirarrúa, polo que hai unhas escaleiras de pedra para acceder até el. A auga que o abastece é do regueiro que pasa ao seu carón. Non se coñece o ano de construción, mais foi restaurado pola escola obradoiro entre os anos 1999 e 2000. A pía do lavadoiro mide 6 metros de longo e 2 metros de ancho e está dividida por un tabique de obra…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Atópase no Camiño de San Xulián, no muro de contención da estrada N-550. Ten dous canos que verten a auga sobre unha pía de pedra rectangular e obra recente. Hai anos a fábrica de Gaseosas Zabala collía nela a auga que precisaba para a fabricación das mesmas, de aí o nome co…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Estas caleiras foran estabelecidas en 1923 por Ramón Diéguez Carlés, baixo a razón social Caleras del Ulla. Diéguez, dunha familia de pequenos comerciantes, estudiara química e farmacia en Santiago de Compostela, e comezara a traballar en Madrid, no laboratorio dun dos mais importantes farmacéuticos do país, o licenciado santiagués José Casares Gil, precursor do desenvolvemento da química en España.

O 6 de febreiro de 1923, na solicitude da licenza de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

As instalacións que configuraran o conxunto da Cerámica Celta, acaroadas á que fora industria de fabricación de cal (Caleras del Ulla), localízanse na aba setentrional do Monte do Porto, na ribeira esquerda do río Ulla tras o seu paso pola vila.

En 1923 Ramón Diéguez Carlés, establecía unha fábrica de cal baixo a razón social Caleras del Ulla

O pequeno obradoiro localízase na ribeira esquerda do esteiro do río Ulla en San Xulián de Pontecesures, no lugar coñecido como O Cantiño, a carón da vía do ferrocarril, no camiño que vai da Ponte de Cesures a Cortiñas.

En 1925, apenas dous anos despois de ter aberto a…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

En 1882, o aristócrata Ángel Zabala de Borines, nado en 1855 en Cangas do Morrazo, funda unha fábrica de refrescos en Pontecesures, Gaseosas Zabala, o Almacén de Coloniais, Ultramarinos Zabala e a primeira liña de autocares Pontecesures-Padrón.

En aqueles anos, Pontecesures era xa un referente industrial e comercial no norte da provincia de Pontevedra, grazas ao seu emprazamento privilexiado convértese nun importante nó de comunicacións, así como o feito…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

A explosión industrial e económica, que aconteceu no século XVIII, levou á construción, por orde de Carlos IV, dun almacén ou alfolín de rendas estancadas. Isto foi propiciado polo feito de que Pontecesures xa era desde 1467, o único porto autorizado para a descarga do sal en toda a ría de Arousa, debido á súa situación estratéxica para a distribución de mercadorías. A súa construción foi froito da necesidade dun espazo onde almacenar certos produtos de valor, derivados…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

Cheminea industrial de ladrillo visto, pertencente a un complexo fabril de Maderas Magán.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

Fábrica de candeas fundada por José Diéguez Sueiro, que recolle a tradición de máis dun século. Localízase no número 24 da rúa Víctor García.

As primeiras candeas de man, fabrícanse en Cesures utilizando o “noque” que chegou á fábrica cando…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

O 1 de febreiro de 1938 constituíse ILEPSA (Industria Lechera Penisular Sociedad Anónima) e o 16 de agosto de 1939 inaugurouse a primeira fabricación de leite condensada. Pola súa situación á beira do río Ulla, a fábrica permitía a carga e descarga da madeira para as caldeiras, a folla de lata para os envases e dos produtos xa acabados, que eran trasladados en vellos…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).

En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Telleira hoxe desaparecida que se localizaba no lugar do Telleiro, fronte ao Pazo da Cova.

Nesta telleira traballou hai moitos anos un home con acento portugués chamado “Moquillo” que amasaba o barro con dúas mulas.…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

A barreira da Mina Cristina atopábase no Concello de Pontecesures, tras o Centro de Saúde de Valga. Inventariada co número 1499 do catálogo mineiro e pertencente, igual que a Mina Mercedes, ao Grupo Mineiro “Minas cerámicas de Campaña”. Estaba situada no Monte de Utilidade pública nº129 do Catálogo de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura industrial

A fonte atópase na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”. Segundo fontes orais, inicialmente non se atopaba nesta localización, senón na zona onde se atopa o Centro de Saúde. O cano da fonte sae dun muro en forma de arco feito con lousas de pedra. A pedra superior deste arco ten unha inscrición coa data na que se construíu en números romanos (1982) e baixo esta unha cuncha de vieira. A pía tamén ten forma de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízase no lugar da Toxa e foi construído en 1949. A fonte está feita de pedra e ten dous canos que verten sobre unha pía rectangular de 90 centímetros de longo e 50 de ancho. A auga está canalizada cara o lavadoiro que está ao carón. A pía deste, tamén de pedra, mide 2,20 metros de longo e 2 metros de ancho e as lousas de lavar están colocadas en dous dos lados perpendiculares. Ten un tellado feito con…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Sitúanse no lugar de Condide. Non se coñece o ano de construción, mais segundo fontes orais debe ter máis de 100 anos. A fonte ten catro canos, e no seu día dicíase que era a mellor auga de Pontecesures. Esta auga desemboca no lavadoiro que se atopa a continuación. A pía deste mide 3,60 metros de longo, 2 metros de ancho e 40 centímetros de profundidade. As lousas para lavar están nun dos lados longos da pía.…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízanse no lugar de Fenteira e foron construídos en 1949. A fonte ten un só cano e ao lado ten un pousadoiro, unha pedra onde se colocaba a sella chea de auga para logo subila á cabeza. O lavadoiro, ao carón da fonte, mide 2,70 metros de longo e 2,30 metros de ancho. As lousas onde se lavaba están nun dos lados máis longos. Como curiosidade cabe destacar que é o único dos lavadoiros que se conserva no…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga

Localízanse no lugar de Grobas e foron construídos no ano 1949. A fonte ten 3 canos e un pousadoiro ao lado para colocar a sella chea de auga, sendo así máis sinxelo subila á cabeza. O lavadoiro está a continuación da fonte. Mide 2,20 metros de longo e 2 metros de ancho. As lousas para lavar sitúanse nun dos lados da pía. Como curiosidade cabe destacar que, por onde sae a auga do lavadoiro, hai outra pequena…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga