Busca

Amosando 25 - 28 de 28 resultados da busca.

Edificación que acolleu a Casa do Concello de Pontecesures durante 49 anos, desde a segregación de Cesures do Concello de Valga en 1925, até a inauguración da actual casa consistorial en 1974. Na actualidade alberga a biblioteca municipal.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Na Casa do Río, noutros tempos o almacén familiar da Casa Lozano, viviu o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez “Borobó”, quen nacera nunha casa da rúa Portarraxoi o 10 de xullo de 1916. Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

O Salón Cesures foi o primeiro cine que tivo Pontecesures, aínda que cunha duración moi curta. Estaba localizado na Factoría, ao carón do Alfolín da Renda do Tabaco. En 1925, o día da Romaría de San Lázaro, estreouse “La Casa de Troya” e outro día actuou o violinista internacional…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Onde na actualidade está a Casa Pedreiro, existía antigamente unha vivenda na que, un 16 de marzo de 1897, nacía Carlos Maside. Segundo nos informa Daniel Seijas, a casa orixinal onde nacera foi derrubada a comezos dos anos 60.

Pintor, debuxante e gravador, Carlos Maside é considerado como o indiscutible…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil