Busca

Amosando 25 - 33 de 33 resultados da busca.

Para salvar o río Sar en Conxo e o río Ulla entre Padrón e Ponteesures construíronse dúas pontes metálica, unha en Conxo, a Ponte de Ferro, e outra a Ponte de Ferro ou Ponte da Insua. Ambas foron construídas na fundición de H.J. Potter en Manchester. As estruturas metálicas das pontes chegaron desde Inglaterra e desembárcanse no porto de Carril. Hoxe non se conserva ningunha, a de Conxo…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

Pontella sobre o rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Muíño de cubo na ribeira do rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Lavadoiro localizado no espazo natural da Granxa, de planta rectangular con catro fiadas de follas de pedra para lavar e unha plataforma que o rodea onde se asenta un banco corrido. Está protexido por muros de contención para delimitar o recinto e aínda se poden ver os piares que sostiñan o tellado.


Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arquitectura da auga

Muíño na ribeira do rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Muíño na ribeira do rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura da auga

Estrutura pétrea de forma cuadrangular, realizada con pedras de gran tamaño de formas irregulares, no lugar de Punta Rebateira. Era aquí onde paraban os barcos para cargar pedra procedente da canteira que se atopaba nas proximidades (ao norte do porto).

O porto aínda conserva a…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas