Busca

Amosando 49 - 72 de 91 resultados da busca.

Cruceiro do tipo de crucifixo co baseamento de planta cuadrangular formado por bloques graníticos, de tres gradas. Pedestal ao xeito de nocela apoiada sobre un plinto e rematado no cumio por un bloque de feitío troncopiramidal invertido. Varal monolítico con arranque cúbico e desenrolo cilíndrico. Capitel asentado sobre unha moldura recta e feitío troncopiramidal invertido. A cruz é latina e de feitío cilíndrico.…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Por baseamento ten un bloque granítico irregular. O pedestal é de forma pseudocúbica. A cruz é de cantería, feitío latino e sección octogonal por rebaixe das arestas.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

É un exemplar extraordinario pola calidade da súa labra e pola cantidade de anos que teñen pasado por el. Trátase dun exemplar erixido nalgún momento indeterminado do século XVI e presenta características estilísticas que combinan xeitos de facer góticos e renacentistas. Aparentemente erguíase sobre tres gradas, algo que hoxe en día non se pode constatar a causa do detestable trato dado a un elemento tan destacado do noso patrinomio cultural, xa que os predios veciños non…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular formado por tres chanzos. Pedestal cúbico, coas arestas superiores chafranadas. Contén restos dunha inscrición. O varal é monolítico, cunha base de sección cuadrangular e corpo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O capitel é de feitío troncopiramidal invertido, comezando nun colariño circular de dobre moldura. Cruz latina, de sección octogonal e cartela floral na cabeceira.…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular composto por catro gradas de bloques graníticos. Pedestal de feitío pseudocúbico. Varal granítico con arranque de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Capitel de morfoloxía cilíndrica na parte inferior e troncopiramidal invertida na superior. Cruz de cemento, de morfoloxía latina, de sección oitavada. Anverso coa escena da Crucifixión e reverso amosando á Virxe de pé, sobre peaña de sección circular.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de desencravo, co baseamento de planta cuadrangular formado por tres chanzos. O pedestal é de feitío cúbico. Varal monolítico de base rectangular e desenrolo posterior oitavado en progresivo estreitamento ascendente. O capitel ten feitío troncoprismático invertido. A cruz é de tipo latino, con sección ortogonal por rebaixe das arestas laterais, aínda que cos lados desiguais. Anverso amosando a…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular conformado por tres chanzos cons bloques xunguidos con cemento. Pedestal dun só corpo. Varal monolítico de base con sección cuadrangular e desenrolo oitavado. A cruz é de sección circular con nós de feitío latino. No anverso amósase a escena da Crucifixión e o reverso a imaxe da Virxe.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruz exenta localizada a escasos metros do Camiño Real. Aséntase sobre pedestal cúbico. É de feitío latino. Presenta nós en todo todo o seu desenrolo para imitar unha aparencia leñosa. Sección cuadrangular na base e corpo oitavado por rebaixe das arestas. Está formado por tres bloques líticos: fuste, brazo menor e cabeceira. Carece de inscricións ou gravuras.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruz pintada localizada sobre un afloramento granítico. Está orientada de fronte ao camiño que seguen as procesións.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Baseamento non identificado. Apoia o seu pedestal directamente sobre o firme do camiño. Pedestal cúbico e achatado. O varal ten un arranque de sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Presenta un santiño sobre peaña. Non se conserva o capitel nin a cruz.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Baseamento composto por tres gradas de planta cuadrangular decrecente, sobre o que se asenta un pedestal de feitío cúbico coas arestas superiores chafranadas. O desaparecido varal tiña un arranque de sección cadrada e desenrolo octogonal por rebaixe das arestas laterais do fuste. Tamén carece de pedestal e cruz.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Sitúase enriba dunha rocha granítica de considerables dimensións localizada á beira do río Ulla. Forma parte dos cruceiros xacobeos, marcando un fito na ruta fluvial a Compostela. O baseamento é, por tanto, a propia rocha. O pedestal é de feitío cúbico. O varal ten sección cuadrangular no arranque, con desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Ensánchase para recibir o capitel xeométrico…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de capeliña. Elemento de valor histórico-cultural singular por tratarse do único cruceiro de capela documentado no Concello de Valga. O seu baseamento ten planta rectangular. Está formado por dous chanzos. Non ten pedestal. O varal é de ampla sección e está estruturado en dous bloques. O arranque e remate é de planta cuadrangular e o desenrolo do corpo oitavado. Presenta restos epigráficos. O capitel cumpre a función de ser a base da capeliña, adoitando…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Foi ergueito para manter o recordo do antigo templo como sinal de que se atopa nun lugar consagrado, coñecido como a Igrexa Vella. Carece de baseamento. Pedestal de feitío cúbico sen inscricións aparentes. O varal é de sección cuadrangular en arranque e remate, aínda que amosa un desenrolo de perfil oitavado por rebaixe das arestas. Carece de capitel, estando xunguida a cruz ao cumio do…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Baseamento de planta rectangular composto por dous chanzos, ao carón da Ermida da Virxe da Saúde. O pedestal cúbico contén un oco de planta cuadrangular para un peto de ánimas, do cal unicamente se conserva o retablo integrado no fuste. O varal, estruturado en dous módulos, ten planta cuadrangular na base e desenrolo oitavado mediante o rebaixe das arestas laterais. Na…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, vinculado á Igrexa de San Salvador de Setecoros. Baseamento de planta cuadrangular formado por cinco chanzos. Pedestal cúbico, alternando molduras con faixas do mesmo xeito que no cruceiro de Ponte Valga. Varal de base cuadrangular e desenrolo artístico, con corpo cilíndrico e estriado. Capitel sobre colariño, decorado.…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Baseamento de planta rectangular formado por tres chazos, un deles soterrado. Pedestal cúbico con inscricións e moldura toroidal no cumio. Varal monolítico, de sección cuadrangular na base e desenrolo oitavado mediante rebaixe das arestas. A media altura, no anverso, mostra a imaxe dun santiño sobre unha peaña. O capitel marca o seu arranque cun colariño octogonal. A desaparecida cruz era latina, de sección octogonal e cabos florenzados. No anverso existía unha…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Monumento elaborado principalmente en pedra de cantaría, con certos complementos metálicos. Rodeado dun peche exterior. O pedestal estrutúrase a xeito de macizo piar de sección cuadrangular sobre plinto basal. Está estruturado en tres bloques. O superior posúe o peto para as esmolas. O retablo de ánimas adoita un feitío harmónico e polimorfo, a xeito de crecente inferior sobre se superpón un lenzo rectangular rematado en frontón ou voadizo curvo de cornixa. A nivel xeral…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz alta, posto que cruz e varal forman un único bloque de pedra de cantaría. O baseamento ten planta cuadrangular e está composto por dúas gradas de bloques graníticos. O pedestal é un simple cubo de pedra coroado por molduras aboceladas de perfís decrecentes. A cruz ten un arranque de sección cuadrangular e desenrolo octogonal. Todo o conxunto presenta erosión, como consecuencia do vento e da chuvia.

No anverso atopamos a figura dun Cristo…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de pedra ergueita sobre un varal asentado nunha base granítica. Carece de baseamento e de capitel. O pedestal é cúbico. Non se trata do orixinal, o cal se atopa ao carón do mesmo. Varal monolítico de sección cuadrangular no comezo e no remate, mais oitavada no desenrolo por rebaixe das arestas laterais. A cruz non presenta figuración algunha. O seu feitío é anómalo xa que o brazo transversal é maior có da vertical.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruz elaborada dunha soa peza, de feitío latino. Sección cuadrangular no arranque e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas. Lados desiguais, sendo maiores en anchura os principais e menores os dos cantos.


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta rectangular composto por dous chanzos, o primeiro deles semisoterrado. Pedestal de feitío cúbico coroado por unha moldura toroidal. Varal de sección cuadrangular na base e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. O cumio do varal ten novamente sección cadrada ensanchada. Capitel decorado sobre colariño octogonal. Cruz en moi mal estado de conservación. Na súa orixe tivo feitío latino e sección octogonal…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, con baseamento de planta octogonal composto por cinco chanzos. Pedestal pseudocúbico, de planta octogonal e con inscricións. Varal con base de sección cuadrangular e desenrolo a modo de corpo cilíndrico e estriado. Capitel de feitío cúbico sobre colariño curvo. Cruz moi alterada xa que carece da cabeceira e dos cabos do brazo menor. Do anverso orixinal só se conserva o tronco da figura de Cristo. O reverso mostra unha Piedade. Trátase do…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo con baseamento de planta cadrada e dous chanzos. Pedestal cúbico, cun rebaixe graduado no lado norte. Varal monolítico, aínda que partido, foi pegado novamente. Capitel que remarca o seu arranque por medio dun colariño. Presenta un corpo troncopiramidal invertido esculpido con anxos, volutas e follas. Cruz latina de sección cilíndrica. O conxunto remata coa cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos