Busca

Amosando 121 - 131 de 131 resultados da busca.

Aínda que a construción da actual parroquial data do século XVIII, sendo rematada en 1701, de aquí proceden varios capiteis prerrománicos, entre a época sueva e a visigoda, conservados na súa maior parte no Museo de Pontevedra e no Museo da Catedral de Santiago.

M. Núñez (1978) data estes capiteis cara o século VI-VII e defíneos como “insólitos en Galicia, cun depurado estilo…


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura relixiosa

A igrexa parroquial de Valga, de estilo neoclásico con calvario, atópase emprazada nunha parcela anexa ao camposanto. Planta de cruz latina. Muros de perpiaños. Torre-campanario nos pés formando unha composición asimétrica, ao que se accede por unha escaleira de caracol. Na cabeceira presenta unha ábsida cuadrangular. O retablo maior coa súa Custodia foi…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa

Capela de planta rectangular, cuberta a dúas augas e cerramentos de fábrica de Hera. A súa fachada principal posúe un Santiago peregrino, situado nunha furniña, por riba da porta principal. Segundo se conta, esta imaxe foi atopada fai máis de 150 anos baixo terra, no  lugar coñecido como Fonte do Apóstolo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa

Templo construído sobre outro orixinal anterior á cristianización. O edificio actual, do século XVII, consta de planta rectangular e muros de cachotería, agás o da portada, que é de perpiaños e posúe un campanario.

Segundo a teoría do bispo Don José Guerra Campos, natural de Ames, no seu traballo Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apóstol Santiago de 1982, sinala o lugar dos Martores, como a localización máis posible para o enterramento…


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa

Segundo M. Murguía (1888, p. 621), a igrexa foi consagrada por Xelmírez a comezos do século XII, na mesma data de consagración das demais igrexas da xurisdición iriense, téndose aproveitado na súa construción materiais dunha igrexa anterior.

O Museo de Pontevedra garda, procedentes desta igrexa, un capitel e un fuste de columna de mármore branca, que durante un tempo serviron como soporte dun pórtico emprazado no lateral sur da parroquial. A este capitel de Xanza…


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura relixiosa

Capela que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura relixiosa

Capela que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo de Raxoi. Localízase na parte sur, facendo fachada coa estrada que leva a Ponte Valga. Está executada en cantaría e presenta unha pequena espada metálica.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura relixiosa

O río Valga, ao que xa se incorporou o caudal do rego do Ferreño, forma un estreito val encaixado en penedos graníticos. Neste punto fórmase un salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 10 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

No punto onde o rego do Ferreño se une co río Valga, fórmase este salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 6 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O río Valga, a canle procedente do Muíño de Carlés e a que fornece ao Muíño de Casadamil, forman unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O Sistema Fluvial Ulla-Deza (Rede Natura 2000) está formado polo río Ulla e as áreas húmidas lindeiras: as Brañas de Laíño e as Veigas de Campaña e Cordeiro. Presenta unha grande variedade de comunidades vexetais adaptadas ao distintos graos de salinidade, como son carrizos,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais