Busca

Amosando 25 - 48 de 62 resultados da busca.

Reloxo de sol no lugar do Castriño, no cumio do tellado dunha vivenda.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol na fachada dunha vivenda no lugar de Té.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar de Té.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Reloxo de sol localizado nun hórreo do lugar da Mámoa.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

O Arco da Menora era un soportal dunha casa da rúa de Abaixo, emprazado ao carón da Casa do Tarabelo, e que foi derrubado para ampliar a calzada. Xosé Camoxo Rodríguez 


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Obra civil

Localizado nos antigos terreos do Campo da Feira. Aquí localizábase a caseta expendedora de leite fresco, que viña en bidóns, despois de pasar o control sanitario previo na fábrica de leite condensada Ilepsa-Nestlé. En 1985 inaugúrase o monumento conmemorativo O Coche de Pedra, unha réplica do primeiro coche a gasolina que circulou por Galicia, un…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Situado na nova estrada construída nos anos 50 que une Santiago e Pontevedra. A primitiva estrada discorría polo centro de Pontecesures. O Túnel do Cantiño é paso obrigado para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués a Compostela.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil

Pombal, vinculado á Casa de Somoza, situado no interior dunha grande finca á que se accede desde a parte baixa do lugar de Somoza. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados e pintados, con cuberta a unha auga de pendente pronunciada. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral superior, baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal situado nunha finca particular, xunto o acceso norte ao lugar da Mámoa. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados parcialmente, e cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral na parte central.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pontella sobre o río Té, xunto a unha fonte, un muíño e un lavadoiro no lugar do Laxido.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Ponte sobre o río Té.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Obra civil

Pombal situado nun alto, na marxe norte do camiño que bordea á Igrexa de Santa Baia do Araño e á finca da casa reitoral, onde está o hórreo do Araño. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de granito. Actualmente carece de cuberta. Ten un estreito asoleirado perimetral cos ocos de acceso das pombas situado na parte superior.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Pombal situado nunha finca da Casa Nº 3 de Sestelo, na contorna dunha finca de grandes dimensións, con acceso xunto ao Cruceiro de Gómez. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra con cuberta a unha auga de tella sobre estrutura de madeira, e asoleirado perimetral baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Panteón situado no adro da Igrexa de Santa María de Leiro, xunto á porta de acceso ao cemiterio. Panteón de seis nichos dispostos en tres filas, sobre unha estrutura de cantaría de granito. Pilastras e semipilastras acanaladas e cornixas de remate molduradas. Corpo superior de grandes dimensións apoiado sobre esferas de granito e pináculos na cornixa, coroado…


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Reloxo de sol situado nun extremo adro da Igrexa de Santa Baia do Araño. Plataforma cadrada e base prismática coas arestas chafranadas, sobre a que se ergue un fuste cilíndrico. Capitel de sección circular que sostén un reloxo de sol tallado sobre unha peza cadrada de granito.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Ponte sobre o río Té.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Ponte sobre o río Té.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil

Pombal situado nunha finca xunto ao acceso leste do lugar de Rañó, xunto a un hórreo de grandes dimensións. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, parcialmente enfuscados e pintados, con cuberta cónica de tella sobre estrutura de madeira, rematada cunha peza circular de granito. Porta de acceso nun lateral e asoleirado perimetral baixo os ocos das pombas.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Pombal situado á beira da estrada de acceso ao lugar de Rañó polo leste. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de granito. Actualmente carece de cuberta, xeralmente a unha auga de tella sobre estrutura de madeira. Porta alintelada de acceso fronte á rúa, e asoleirado perimetral baixo os ocos das pombas.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Pombal no interior dunha finca situada no centro sur do lugar de Brión. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra, enfuscados e pintados, con cuberta cónica de tella sobre estrutura de madeira, rematada cunha peza circular de granito. Porta alintelada de acceso nun lateral e asoleirado perimetral baixo os ocos das pombas.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Localizado nos terreos da casa reitoral de Santa María de Isorna, ao carón do hórreo. Estrutura de pedra elevada, na que se mallaba o centeo. Ao estar máis alto, o vento levaba facilmente o que sobraba.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Pombal situado nunha finca dunha vivenda, sobre o acceso norte do lugar da Vacariza, xunto a dous hórreos. Planta circular de muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados e cuberta a unha auga enfuscada sobre a estrutura principal e cornixa de borde de lousas de granito. Porta alintelada de acceso e asoleirado perimetral superior, baixo os ocos de acceso das pombas.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

Pombal situado nunha finca particular ao norte de Asadelos. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra enfuscados con cuberta a unha auga de fibrocemento sobre estrutura de madeira.


Rianxo - Santa María de Asados | Obra civil

Pombal situado nunha finca particular no lugar das Miráns. Planta circular e muros de fábrica de cachotaría de pedra.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil