Busca

Amosando 409 - 428 de 428 resultados da busca.

Cruceiro de granito situado nun extremo do lugar dos Xens, sobre a marxe norte da estrada que comunica Os Xens e A Capela. Plataforma de tres chanzos e pedestal cúbico coa data de construción inscrita (1773). Fuste de sección octogonal e capitel adornado con figuriñas de querubíns, cunchas, volutas e decoracións vexetais. A cruz, con aspecto leñoso, ten un Cristo no anverso e unha Virxe que cruza as mans sobre o peito no reverso.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no cruce de camiños por fóra do peche da Casa da República, no acceso leste do lugar de Sestelo. Plataforma de dous chanzos e base prismática con relevos xeométricos nas catro caras. Fuste octogonal con sección cadrada no contacto coa base, e capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas e rostros de querubíns. Cruz latina de sección circular e…


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado no extremo norte do lugar de Isorna, sobre unha plataforma cadrada. Base cúbica e fuste octogonal cun pequeno capitel decorado baixo a cruz de sección cadrada cun Cristo no anverso.


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada nunha encrucillada de camiños, na parte baixa do lugar de Somoza, sobre o muro de peche dunha finca. Cruz latina sen imaxes, de sección cadrada con rebaixes nas arestas e base moldurada.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro situado á beira da estrada principal, ao nordeste do lugar de Abuín. Fuste octogonal con inscrición central e capitel cadrado decorado con baixorrelevos, que sostén unha cruz sinxela sen imaxe, que substitúe á orixinal.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruz de granito asentada sobre un penedo, a un lado do acceso á Casa da República, situada ao nordeste do núcleo. Cruz latina sen imaxes, de sección cadrada e brazo inferior mais longo apoiado directamente sobre un penedo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Fermoso exemplar situado en Asadelos, preto da Praza de Manuel Antonio, onde se sitúa o chamado Cruceiro Novo de Asadelos. A plataforma é octogonal e realmente alta, de catro graos. O pedestal é octogonal e baixo, e presenta símbolos da paixón: píntegas, tibias e caveiras. O fuste é circular decorado con profundas estrías, e ten un pedestal cuadrangular e recadrado. O…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz con cristo de granito sobre o muro de peche dunha vivenda situada fronte ao Pazo dos Torrado de Asadelos. Cruz latina de sección hexagonal cun Cristo moi traballado, apoiada sobre unha base cadrada.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro sen cruz situado no extremo leste de Asadelos, fronte á finca do Pazo dos Torrado de Asadelos, no camiño que leva ao lugar da Marquesa. Plataforma de dous chanzos e base prismática coas arestas superiores redondeadas, sobre a que se ergue un fuste hexagonal de sección cadrada no contacto coa base.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Un dos exemplares máis interesantes de Rianxo. Sitúase nunha encrucillada de camiños entre Lustres, Outeiro e Vilas. Parece bastante antigo, probablemente do século XVII. Aséntase sobre plataforma octogonal de catro graos e pedestal tamén octogonal de pouca altura que contén símbolos da paixón: tibias, abellas e caveiras. O fuste é octogonal con pedestal cuadrangular e recadrado, e contén a media altura unha imaxe de San Andrés. O capitel é cúbico con cabeza de anxo con…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Vía crucis sobre o muro perimetral do adro da Igrexa de Santa María de Isorna. Cruces franqueando o acceso desde a rúa e o acceso á casa reitoral, situada detrás da igrexa. Cruces sen imaxes apoiadas sobre bases cúbicas, de brazos sección cadrada cas arestas chafranadas e relevos nos vértices.


Rianxo - Santa María de Isorna | Elementos relixiosos

Posiblemente do século XVII, foi reedificado en 1918 polos canteiros José Manuel Rial Trillo, Manuel Iglesias Romero e Vicente Rial, veciños da parroquia, polo prezo de 115 pesetas. Foi restaurado porque estaba moi deteriorado, “amenazaba caerse, lo que podía ocasionar unha desgracia por ser aquel sitio el punto donde se reúnen los vecinos en los días festivos y tiempos desocupados, desde tiempo inmemorial”. Os referidos canteiros restauraron e reedificaron o…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito situado xunto á Ermida de Santa Lucía, nun amplo espazo verde, ao sur da estrada principal de Asados. Plataforma cadrada de granito e base troncopiramidal sobre a que se ergue un fuste hexagonal que remata nun pequeno capitel. Cruz sen imaxes de sección octogonal con remates florais nos vértices superiores.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Ao carón da Casa reitoral de Santa María de Leiro, preto da igrexa parroquial, atópase este fermoso cruceiro de plataforma cuadrangular de catro graos, pedestal cuadrangular de paramentos recadrados e caveiras nos ángulos, fuste octogonal con pedestal cuadrangular e que presenta unha imaxe. O capitel é cuadrangular co astrágalo octogonal liso, o ábaco de lados rectos, e decorado con follas, volutas e flores. A cruz ten brazos cuadrangulares con chafráns. O Cristo ten as…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Situado na Praza de Manuel Antonio en Asadelos, próximo á Igrexa de Santa María de Asados. Preto del atópase o chamado Cruceiro Vello de Asadelos. Plataforma cuadrangular de tres graos e pedestal cuadrangular moi moldurado. Fuste octogonal anque…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada diante do muro da casa reitoral de Santa María de Leiro. Cruz latina co brazo inferior mais longo apoiado sobre unha base prismática. Fuste octogonal, con remate superior de sección cadrada, sobre o que se ergue unha cruz sen imaxes con arestas chafranadas e vértices decorados.


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro de granito á beira da estrada principal que atravesa o lugar de Brión. Plataforma de tres chanzos sobre a que apoia directamente un fuste de sección cadrada coas arestas chafranadas con remates nos extremos. Capitel troncopiramidal inverso con molduras, que sostén unha imaxe dun santo.

O texto que segue a continuación é autoría de Natividad Rey Ordóñez (abril 2018).

Na aldea de Brión…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruz de granito situada na fachada traseira da Igrexa de Santa María de Asados. Cruz latina sen imaxes, de sección octogonal con remates nos extremos. Brazo inferior mais longo sobre base troncopiramidal de granito.


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos

Cruceiro de capela en Brión, formando conxunto coa Fonte de Brión. Plataforma cuadrangular de catro graos, sen pedestal. Fuste de sección cadrada con chafráns adornados. A cruz ten sección cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. O Cristo crucificado inclina a cabeza cara diante, ten as mans abertas, coroa de espiñas e carece de cartela de…


Rianxo - Santa María de Leiro | Elementos relixiosos

Cruceiro situado no adro da Igrexa de Santa María de Asados. A plataforma de tres graos, pedestal e fuste son octogonais sen adornos. O capitel e o astrágalo son tamén octogonais, e o ábaco de lados rectos. O capitel está decorado con follas de figueira. A cruz e as figuras son de mármore. A cruz é…


Rianxo - Santa María de Asados | Elementos relixiosos