Busca

Amosando 193 - 216 de 486 resultados da busca.

Construído no ano 1950, está situado na estrada que vai do Forno a Socastro. Aquí viñan lavar as mulleres destas dúas aldeas de Cordeiro. Na actualidade xa non conserva a cuberta que orixinalmente tiña, mais si mantén a pía, as pedras de lavar e a fonte. As pedras de lavar non son as orixinais porque estas leváronse para o lavadoiro que está ao lado do río.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Emprazada no centro do campo da festa de Cordeiro, ao carón do Palco da Música de Cordeiro.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no medio do lugar de Ferreirós.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar do Sisto. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Muíño de planta cuadrangular e muros de cachotería, fornecido coa auga procedente dunha canle e que desemboca no río Ulla.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Na ribeira do río Louro, sobre unha antiga canle de derivación.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte ornamental que forma parte do conxunto de construcións que conforman o Pazo da Bouza.


Valga - Santa María de Xanza | Arquitectura da auga

Edificación vinculada ao Alfolín da Renda do Tabaco, construída na mesma data. A súa denominación, a Casa da Señora, vén porque aquí vivía dona Carmen Domínguez Orense, xunto con don…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Propiedade de María Teresa Novoa Devesa, sobriña do Doutor Manuel Devesa, está situado no camiño entre o Telleiro e Porto, os terreos chegaban até Os Peiraos, incluíndo os que hoxe ocupa Nestlé. Nos anos 30, intelectuais galegos quixeron regalarllo a Ramón María del Valle Inclán, para que pasase aquí os derradeiros días da súa vida, mais o escritor declinou o ofrecemento. Posúe un escudo que contén oito liñaxes: a primeira, a Cruz de Calatrava, dos Ribadeneira ou Neira; a…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Antes da construción da rúa principal de Pontecesures, o núcleo de poboación non estaba establecido na chaira da ribeira do río Ulla, posto que era terreo moi inundable. Afastado do núcleo, nunha das antigas baixadas desde Infesta ao porto, na actual rúa Nova, atopamos o edificio máis antigo de…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

A primeira liña de tren do estado inaugurouse no ano 1848, cubrindo a distancia entre Barcelona e Mataró. Unha década despois, a fidalguía e a burguesía influínte galega comezaron a barallar a necesidade dunha vía férrea en Galicia, considerándose varias opcións, mais a que venceu finalmente foi a de Santiago a Carril. Foron varios os motivos; o primeiro, que a Sociedade de Amigos do País presidida por Montero Ríos e conformada por empresarios de Santiago, tiñan lazos…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Desaparecido restaurante que era sinónimo do bo comer e unha das referencias culinarias en Galicia, por aquilo de situarse á beira da N-550. Tiña como especialidades da casa a empanada de lamprea e o biscoito saboiano, ademáis de salmón, troitas, mariscos ou a "tortilla celta", de varios pisos con legumes variadas entre eles.

Foi un dos restaurantes de referencia para moitos santiagueses, principalmente persoas de alto poder adquisitivo como empresarios,…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación que albergaba o matadoiro municipal de Cesures, construído en 1952, coincidindo coa cuarta Feira do Automóbil de Ocasión. Foi empregado como local de Protección Civil, e desde o ano 2024 é o espazo usado pola Asociación Valeira de Pontecesures para realizar as súas actividades.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Desde a Praza de Abastos de Cesures, as patifas levaban a patela ou panela a costas (ben sobre a cabeza, ben a lombo dun burro) cheas de peixe “cativo” (sardiña, xouba, xurelo... os máis resistentes, ou lamprea na tempada desta), percorrendo camiños até Lestedo, Santiago, A Estrada, Vedra, Boqueixón... 

As ganancias das vendas eran ás veces mínimas, mais a “esmola era boa”. Así, ás veces a balanza inclinábase máis ao cambiar peixe por millo, centeo,…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Edificación incluída no Catálogo de Patrimonio Histórico do PXOM do Concello de Pontecesures e no Catálogo do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Vivenda que ten certo aire modernista, con dúas torres e terraza superior.


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Cesar Portela, o autor do proxecto, defíneo do seguinte xeito: “O edificio da nova casa consistorial proxéctase nun soar alongado que ten fronte a unha vía do casco e á avenida de circunvalación. O réxime de propiedade dos terreos na zona e a diferenza de cota existente presenta dificultades de comunicación entre ámbalas dúas vías, o que obriga a resolver o seu enlace sobre esta parcela de propiedade municipal mediante senllas escalinatas que descorren a ambos os…


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil

Conxunto de vivenda e anexos situados no centro do lugar de Somoza, xunto a un cruce de camiños presidido pola Cruz do Rei. Finca de grandes dimensións con muro de peche de cachotaría de granito, e acceso desde a rúa principal mediante un portón alintelado de madeira, coroado por unha imaxe en pedra dunha virxe. Edificación principal de planta rectangular e dous andares con cuberta a dúas augas de tella e muros de cachotaría de granito con remates en cantaría. Fachada…


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura civil

Conxunto de dúas vivendas situadas sobre a beira do rego da Grenla, que separa os lugares de Brión e A Pedreira. Están situadas na mesma parcela, dispostas moi próximas entre si, unha con fachada á rúa e a outra sobre o regato. Tipoloxía similar, de planta cadrada e dous andares, resoltas con muros de cachotaría e cuberta a dúas augas de tella. Ocos rectangulares con carpintería enrasada de madeira e accesos en planta baixa dende o interior da parcela. Destaca o corredor…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Porto no lugar de Abuín onde paran os barcos para cargar e descargar ou para abrigarse.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Antiga casa-escola construída no ano 1903 e situada ao norte do núcleo, xunto á pista deportiva. Actualmente alberga a Sociedade Cultural Manuel Vicente Vidal.

Manuel Vicente Vidal, natural da parroquia de Santa María de Leiro, emigrou a México, onde fixo unha pequena fortuna. Sen esquecerse das necesidades da súa terra natal, mandou construír unha casa-escola para que alí recibisen ensino primario as nenas e nenos da súa…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Porto no lugar de Sobrido, na Enseada do Pico. Aínda que empregado como porto para pequenas embarcacións, a tipoloxía dos muros poderían indicar que no pasado tivo un uso de viveiro, salina ou alfolín.


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Vivenda situada no interior dunha finca de grandes dimensións ao norte do lugar de Abuín. Muro de peche perimetral de cachotaría de pedra con portón alintelado situado nun extremo, sobre o cruce de acceso ao núcleo. Conta tamén con accesos desde a estrada DP-3301 e desde un camiño situado ao sur. Edificación principal en mal estado de planta rectangular e dous andares, resolta con muros de cachotaría e remates en cantaría, con cuberta a dúas augas. Hai un souto de…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil

Na contorna frondosa da Punta do Agriño, ao abrigo dos ventos na entrada da Enseada de Rial, localízase o embarcadoiro de Rañó. Este pequeno complexo atópase composto por unha rampla de gran envergadura, construída en pedra de granito e…


Rianxo - Santa María de Leiro | Obra civil

Vivenda e edificación auxiliar situadas ao norte do lugar de Abuín, dando fronte á estrada DP-3301. Edificación principal de planta cadrada e dous andares resolta con muros de cantaría de granito e cuberta a catro augas de tella. Composición simétrica das fachadas compostas por seis ocos rectangulares, exceptuando a fachada oeste, que ten acaroada unha edificación auxiliar dun só andar e cuberta a dúas augas de tella. A planta baixa da fachada principal, onde se localiza…


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura civil