Busca

Amosando 49 - 72 de 218 resultados da busca.

Fonte localizada no lugar de Herbón.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Neste punto, localizado preto da aldea da Barca (Padrón), é onde comeza unha canle de regadío construída a finais dos 60 do século XX, mais que nunca chegou a estar en funcionamento, e que percorre toda a marxe esquerda do río Ulla pasando por Padrón (A Barca, A Rocha e Cortiñas), Pontecesures (A Paxareira e Condide) e Valga (A Tarroeira,…


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura da auga

Localízase no adro da Igrexa da Nosa Señora da Mercé. Da fonte abrolla a auga dun picho de pedra que cae nunha pía, para posteriormente chegar até o lavadoiro. Este está formado por 3 pedras de lavar elaborados a partir de bloques graníticos.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Fonte-estanque circular que forma parte do conxunto de edificacións da Finca O Carballal.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga

Manancial de auga da Finca O Carballal, que nace ao pé da Fonte da Ermida do Santiaguiño do Monte.

Unha mina de auga non deixa de ser nunha escavación na rocha na que aflora a auga para o seu mellor aproveitamento. Supoñen o acondicionamento do…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga

Fonte localizada dentro das instalacións dunha gasolineira.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Localizada na ladeira norte do Monte do Castro Valente. Fonte vinculada coa Virxe da Nosa Señora da Mercé de Bandín e cuxa auga úsase para curar as verrugas.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Arquitectura da auga

Fonte co corpo principal metálico de nova factura e pía de pedra. Moi semellante á existente ao carón do Cemiterio de Adina.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura da auga

Nuns apuntes de García Alén gardados no Museo de Pontevedra, recóllese a tradición oral relacionada co Castelo da Medela, no que se dicía que: “A unos cien metros hay un sitio del que sacaron piedra de un agujero en el que, según la leyenda bailaba una moura”. Probablemente o burato do que falaba García Alén era este corgo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Situado á beira do Camiño Portugués, no treito que discorre entre o Pino e a Medela. Recolle a auga dun manancial situado a unha cota inmediatamente superior. Está pechado polo leste por un muro de cachotaría granítica asentada en seco, de 6,8 metros de longo por 1,3 metros de ancho.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Fonte de bloques de granito emprazada nunha área na que tamén existe un corgo de bloques de formigón.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Bomba de auga no lugar de Ponte Valga. A auga bombeada procede directamente dun pozo.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Situada nunha encrucillada ao carón da Cruz de Ferreirós, semisoterrada e delimitada por muretes de cachotería.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte elaborada con bloques graníticos, cano metálico e escudo en relevo do Concello de Valga gravado na pedra.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Emprazado ao carón da Ponte do Souto, formado por unha pía de bloques graníticos, piares de pedra e cuberta de tella.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos e muretes revestidos de chapado de xisto. Piares de soporte e cuberta en formigón, rematada en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía a base de bloques graníticos e piares de suxeición da cuberta de granito.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Estrutura da cuberta e cubrición en formigón.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga

Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición da cuberta tamén en granito con sección cadrada. Cuberta de formigón con acabado en tella do país.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro de bloques de granito ao carón da estrada.


Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga

Pía formada por bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición da cuberta tamén de pedra. Cuberta de formigón.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro con muros exteriores de cachotería. Pía de bloques graníticos, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares tamén de granito e cuberta a dúas augas de tella.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Fonte formada por bloques graníticos. Lavadoiro coa pía de bloques graníticos e estrutura da cuberta en formigón, con cubrición de placas de fibrocemento e tella ao exterior.


Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga