Busca

Amosando 1 - 24 de 102 resultados da busca.

Peto de ánimas no lugar de Pedroso do Norte, do que abrolla auga a través dun cano de pedra que vai dar a un lavadoiro.

Segundo contan os veciños, o peto é un engadido relativamente recente (século XX). As imaxes (Virxe das Angustias, San Francisco...) estaban nunha…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste ou varal colocado sobre unha plataforma elevada na que se coloca un pedestal cadrado coas arestas superiores redondeados. O fuste comeza de forma cadrada e parece ter algunhas inscricións ou debuxos. Logo vólvese octogonal. O capitel está precedido dunha pequena moldura e ten forma cadrada, con tres molduras e sen máis decoración. A cruz é de sección cadrada e comeza con bordos chafranados até aproximadamente un terzo da altura…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruz inserida nunha rocha no lugar de Extramundi de Arriba, a escasos metros do muro de peche do Pazo da Torre do Monte.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz localizado no interior dunha propiedade privada no lugar de Cruces. O capitel é de forma redondeada e a cruz de forma cadrada, mais talladas de forma irregular.


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruz e gravado no lintel de acceso a unha vivenda no lugar da Porta dos Mariños.

O texto que segue a continuación é autoría de Fernando Cabeza Quiles.

Xa hai ben anos que nos chamou a atención o topónimo…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruz sobre conxunto edificatorio de acceso a vivenda en Porto de Arriba. A razón de colocar unha cruz sobre as portas era a de evitar "a entrada do demo na casa".


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz nunha propiedade privada no lugar de Tarrío. Comeza cunha plataforma de dous chanzos sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dúas arestas superiores chafranadas de forma convexa. O fuste comeza de forma cadrada e logo pasa a ser octogonal. Na parte cadrada ten unhas molduras. O capitel comeza cunha  moldura de forma octogonal e continúa con varias molduras máis que van crecendo en tamaña cara arriba. A cruz é de sección…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz á beira do Camiño Portugués. Plataforma de dous chanzos de forma cuadrangular sobre a que se coloca o pedestal de forma cadrada e con dous pequenos pilotes no perímetro dos chanzos na parte frontal do mesmo. Enriba o pedestal colócase o fuste ou varal que ten sección hexagonal en todo o percorrido. O capitel ten unha primeira moldura da mesma sección que o fuste…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, situado no claustro do Convento de Santo Antonio de Herbón. Na longa cruz, de extremos cadrados, imaxe de Cristo, e ao outro lado a Virxe. Capitel sinxelo, varal liso e redondo, peaña cúbica e base de tres chanzos. Substitúe a outro máis antigo que foi destruído polos soldados de Napoleón III, e que se conservan algúns restos…


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo de Santa Cruz da Granxa. Ao carón da capela, trátase dun pequeno cruceiro situado no xardín de entrada do pazo. Longa cruz, varal curto e peaña cúbica.


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, situado ao comezo da rampla de acceso ao Convento de Santo Antonio de Herbón. Trátase dun cruceiro moi ornamentado, onde na cruz florenzada Cristo é abrazado por San Francisco, e no outro lado a Virxe Inmaculada é coroada por anxos. Capitel labrado, varal octogonal, imoscapo de placas, peaña moldurada e base de tres chanzos


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Partindo da rúa Peregrinos ou da rúa de Santiago, este vía crucis ascende cara o Santiaguiño do Monte á beira do muro do Convento do Carme, estando formado por 125 chanzos. Trátase dunha obra do século XIX, patrocinada polo padronés Vidal Cepeda.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Na actualidade o cruceiro está sen cabeza. É unha cruz do tipo de crucifixo. Está construído sobre unha plataforma con dous chanzos cadrados sobre os que se coloca o pedestal do mesmo xeito moldurado e unha escocia na súa parte superior moldurada do mesmo xeito. O comezo do fuste é un imoscapo de placas sobre as que hai unha moldura de sección octogonal, igual que o fuste ou varal. A cruz tiña forma de tronco, na parte dianteira a imaxe de Cristo coroado…


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de fuste rematado en cruz, no lugar de Extramundi de Arriba. Comeza cun pedestal de forma cadrada e as arestas superiores recortadas. A parte inferior está esculpida nalgunha das súas caras. O fuste comeza e remata en forma cadrada e despois ten unha sección octogonal. O capitel é cadrado e moldurado. A cruz ten forma cadrada.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruz emprazada no adro da Igrexa de San Pedro de Carcacía.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Elementos relixiosos

Cruceiro que actualmente está roto. Está composto por un pedestal de forma cadrada con molduras redondeadas na parte superior e inferior. Hai a seguinte inscrición: "Devoción de D. Ángel y ... Cordero 1718". O fuste comeza en forma cadrada con varias molduras na súa primeira sección e logo convértese nunha sección cilíndrica. O capitel, sinxelo, de forma cadrada e sen decoración. A cruz ten unha forma totalmente cadrada.


Padrón - Santiago de Padrón | Elementos relixiosos

Cruz sinxela no lugar de Morono, de sección cilíndrica en toda a súa lonxitude e que vai de máis a menos diámetro desde abaixo até arriba.


Padrón - Santa María de Herbón | Elementos relixiosos

Cruceiro de tipo fuste cun varal moi groso. Segundo conta a propietaria, a columna ou fuste pertenceu a un cerramento sobre o que ía un pequeno tellado. Ten nunha das súas caras as iniciais "M.J.A. 1916". O cruceiro ou cruz estaba nun muro de entrada á propiedade. Está formado por un capitel de forma tronco piramidal. Ten unhas pequenas marcas na parte inferior e unha pequena escocia na superior, sendo o centro do mesmo recto. A cruz é de sección cadrada e coas…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Construído no 1719, está composto por un cruceiro central coa imaxe de Cristo e dúas pequenas cruces ao seu lado. Unha delas cos brazos inclinados, a semellanza doutros calvarios galegos.

O cruceiro central está composto por unha plataforma cuadrangular con tres chanzos sobre os que se coloca o pedestal do…


Padrón - San Pedro de Carcacía | Elementos relixiosos

Está formado por un edículo construído a base de grandes perpiaños de granito e rematado en cumio a dúas augas con cornixa. Ten dúas fornelas separadas por unha columna central e que van despois dun pequeno saínte do paramento do muro, onde están dúas imaxes: a de San Francisco e a Virxe María. Están protexidas por barras de ferro que compoñen o deseño dunha cuncha de vieira. Os extremos do cumio remátase con pináculos de pedra realizados de maneira basta.

O seu…


Padrón - Santa María de Cruces | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifico, mandado construír no 1880 por Andrés Lanza, para poder ser visto desde a súa cama nas horas finais da súa vida. Ten unha plataforma de dous chanzos sobre o que vai o pedestal prismático coas arestas superiores rebaixadas. Varal de base e remate cadrado, sendo o resto de sección octogonal. O capitel leva adornos de volutas e un rostro de anxo en cara. A cruz é de sección cilíndrica e con nós. Leva no anverso un cristo crucificado de boa…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de cruz, que se compón dun pedestal cuadrangular, moi redondeado na parte superior, do que se eleva un varal de sección octogonal, agás no comezo e remate, e que acaba na parte superior en pequena moldura. Leva unha cruz sinxela de sección octogonal con remates potenzados nos extremos dos brazos.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que se eleva sobre plataforma de tres chanzos no que apousenta un pedestal con base cadrada e que forma despois unha semiesfera. O varal arranca de sección cadrada e un pouco máis arriba tórnase circular. Remata en capitel redondo labrado con catro cálices. Enriba del vai unha cruz con cartela, de sección circular e con adornos de nós, coa figura de Cristo, con certa desproporción na talla dos brazos e a cabeza. No reverso a Virxe das Dores…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos