Busca

Amosando 97 - 115 de 115 resultados da busca.

Cruceiro do tipo de crucifixo, con baseamento de planta octogonal composto por cinco chanzos. Pedestal pseudocúbico, de planta octogonal e con inscricións. Varal con base de sección cuadrangular e desenrolo a modo de corpo cilíndrico e estriado. Capitel de feitío cúbico sobre colariño curvo. Cruz moi alterada xa que carece da cabeceira e dos cabos do brazo menor. Do anverso orixinal só se conserva o tronco da figura de Cristo. O reverso mostra unha Piedade. Trátase do…


Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo con baseamento de planta cadrada e dous chanzos. Pedestal cúbico, cun rebaixe graduado no lado norte. Varal monolítico, aínda que partido, foi pegado novamente. Capitel que remarca o seu arranque por medio dun colariño. Presenta un corpo troncopiramidal invertido esculpido con anxos, volutas e follas. Cruz latina de sección cilíndrica. O conxunto remata coa cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Elaborado en pedra de cantaría, está localizado ao carón da Capela da Virxe de Lourdes. Foi realizado polos alumnos da Escola de Artes e Oficios de Santiago Baseamento de planta cadrada formado por dúas gradas. Pedestal de feitío cubicoide formado a base de dúas faixas planas enmarcadas por tres molduras aboceladas. Varal de base cuadrangular e arestas rebaixadas.…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruz sobre pedestal cubicoide. Cruz de tipo latino estruturada en dous módulos. O primeiro a modo de varal e o segundo a modo de brazo menos e cabeceira. Base cuadrangular e desenrolo oitavado polo rebaixe das arestas.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Elaborado en cemento e pedra de cantería, con aditamento metálico. Aséntase sobre unha plataforma de cemento de planta cadrada. Baseamento en dous corpos de granito. Pedestal cúbico cunha cartela rectangular en cada fronte. Varal monolítico, de sección cuadrangular e superficie lisa. O capitel adopta morfoloxía cúbica enmarcada por colariño e ábacos rectos. Sobrecapitel a xeito de moldura con remate recto moi saído. A cruz é latina de brazos rectos, cabos lisos e sección…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Baseamento de planta rectangular cuadrangular e tres chanzos. Pedestal cúbico, coas arestas superiores rebaixadas. Texto que indica quen foi o promotor (o crego Don Rajoi) e o ano do encargo (1767). Varal monolítico de sección cuadrangular no arranque e desenrolo oitavado ao longo do corpo. Capitel de feitío troncopiramidal invertido cun anxo tallado en cada cara, enmarcado por follas de acanto nas arestas. A cruz, que foi reposta, ten un Cristo no anverso e unha Virxe no…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular con tres chanzos. Pedestal de feitío cúbico con amplos chafráns nas arestas superiores. O varal posúe sección cadrada na base e desenrolo oitavado. Remata cun colariño cúbico que dá paso ao capitel que se atopa integrado no mesmo e estruturado a xeito de vaso cilíndrico enmarcado por molduras curvas. A cruz é de feitío latino e sección octogonal. O anverso mostra un Cristo crucificado e o reverso á Virxe de pé sobre unha peaña.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo co baseamento de planta cadrada e tres chanzos cun aliñamento irregular. Pedestal formado por dous corpos diferenciados e inscrición acerca dos promotores e ano do encargo (1889). Varal monolítico de sección cadrada nas partes inferior e oitavada na parte central. Capitel de feitío troncopiramidal invertido, case cúbico decorado con follas de acanto e cabezas de anxo.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruz latina de granito de brazos desiguais e rematados con estremos pontenzados. Conformada dunha soa peza, sen baseamento. O pedestal é un bloque granítico irregular. A sección é cuadrangular con catro acanaladuras que percorren as arestas. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe en día só se conserva esta e a Cruz…

Contan os veciños que anteriormente estaba localizado na contorna da Capela dos Martores. Baseamento de planta cuadrangular composto por catro chanzos. O inferior é de cemento, recentemente engadido ao primixenios, todos eles de pedra. Pedestal cúbico cunha inscrición pequena cara o sur. Varal de arranque en sección cuadrangular e desenrolo oitavado por rebaixe das arestas…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruz latina de cantería dunha soa peza e sen baseamento, sobre pedestal feito cun bloque de pedra irregular. A sección é cuadrangular no arranque e posterior desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe en día só se conserva esta e a…


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Baseamento de planta cuadrangular desenrolada en tres chanzos. O pedestal apoiase sobre un pequeno plinto e coróase cunha moldura curva. O seu corpo principal ten os catro lados epigrafiados. O varal é de sección cuadrangular na base e oitavada no desenrolo, como consecuencia do rebaixe das arestas. Presenta dobre capitel. Un integrado no varal e o outro independente de feitío troncopiramidal invertido. A cruz é latina, de sección cuadrangular no arranque e desenrolo…


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Localizado no campo da festa, xunto ao palco da música e a Escola de Xanza. Cruceiro con pousadoiro e baseamento de planta cuadrangular desenrolada en catro chanzos. O pedestal é de feitío cúbico e aparece epigrafiado mediante gravura nos catro lados. Varal monolítico cunha estruturación…


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría. Pedestal cúbico e labra irregular. Cruz latina de sección cuadrangular no arranque. Rebáixanse as arestas para dar lugar a unha sección xenérica oitavada. Posúe os cabos florenzados e ornamentados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta cadrada de dous chanzos. Pedestal de feitío cúbico, coas arestas superiores biseladas e a cara frontal epigrafiada. O varal e a cruz foron engadidos recentemente, pois os primixenios foron destruídos por unha treboada e perdidos os restos. Trátase dun varal de arranque de sección cuadrangular que se converte en oitavada por rebaixe das arestas. Capitel de volutas e cruz figurada por ambos lados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría co pedestal cúbico. Emprazada dentro dos terreos propiedade da INTAVALSA.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Calvario e vía crucis situado no adro da Igrexa de San Miguel de Valga, fronte á porta principal. A cruz central posúe sección cadrada e destaca polos seus relevos da Paixón e o relevo da man de Caifás. As cruces laterais son de sección octogonal.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, realizado polo propio dono do cruceiro e o seu pai, dedicados á profesión de canteiros. A maioría do cruceiro ten un quince anos, foi realizado aproximadamente entre os anos 2000 e 2003. A figura do Cristo engadiuse con posterioridade, sobre os anos 2011 a 20013.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos