Busca

Amosando 169 - 192 de 496 resultados da busca.

Fonte situada no acceso sur ao lugar da Marquesa, fronte ao Muíño da Marquesa. Está realizada en cantaría de granito, con base cuadrangular sobre a que se alza un volume prismático onde se localiza o cano. Pía semicircular acaroada a un lateral da base.


Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga

Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

No río Té, houbo 55 muíños en funcionamento, no pasado século antes de vir a electricidade. A forma de propiedade máis común eran os muíños de herdeiros ou de parceiros. Estes pertencían a varios veciños, e moíase por quendas. Os muíños de maquía, pertencían a un so propietario. Normalmente eran grandes e servían tamén como vivenda do muiñeiro e da súa familia. O muiñeiro cobraba unha parte da fariña, a maquía, que…


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Lavadoiro situado na beira do camiño que comunica os luagres de Buía e O Rabado. O recinto, delimitado por muros de cachotaría de granito, está situado a un nivel inferior con respecto á rúa, con acceso mediante unha escaleira situada nun lateral. Lavadoiro rectangular de formigón construído recentemente, acaroado lonxitudinalmente ao muro, coas pedras de lavar no resto dos lados.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga

Antigamente pertencía a unha das capelanías do Santuario da Escravitude. Foi rehabilitado pola Fundación Paideia no ano 2007.

Este xardín conta cun grande interese didáctico e cultural, xa que por unha parte constitúe unha proba de como se poden aproveitar os espazos pedregosos, con pendentes pronunciadas e escaso solo, como áreas de esparexemento, e por outra permite coñecer plantas pouco habituais nos xardíns galegos.

A práctica totalidade das plantas…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Esta estación, hoxe desaparecida, era moi semellante á que na actualidade aínda existe en Padrón.

Cando apenas pasaran dezanove días desde a inauguración da liña de ferrocarril, apareceu un anuncio na páxina tres do número 382 do xornal El Diario de Santiago, onde se publicaba que, con motivo da festividade da Virxe do Rosario da Escravitude, se poñía a disposición do público un servizo de trens extraordinarios para o domingo 5 de outubro de 1873. O…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Edificio de planta irregular, formado por varios corpos rodeando un patio. Construído a base de cantaría e perpiaños de granito, con teito a dúas augas, agás nos corpo máis alto que vai a catro. Na fachada ten unha escaleira e un patín en forma de U. Un muro rodea a finca, cunha zona axardinada na zona da entrada do pazo, onde se localiza a Capela de Santa Cruz.


Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura civil

Este era o lugar onde se construían as travesas de madeira do dique que protexía Padrón das augas do río Sar durante os séculos X e XI. Esta construción prolongábase ao norte pola rúa Ferreiros, na que, como seu nome indica, asentábase o gremio de ferreiros da época.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Zona histórica onde se localizaba o gremio dos panadeiros en Padrón.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Historicamente coñecida como Praza do Fiado, mais desde o 16 de xullo de 1920 baixo a denominación actual de Praza de Macías O Namorado. A configuración actual da praza xurdiu tras o derrubamento de algunhas casas que ocupaban este espazo.

O trobador medieval Macías O Namorado dá o actual nome a esta praza. Macías O Namorado foi un trobador e poeta…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Pazo no lugar de Vilar.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Lugar do antigo mercado de carnes de Padrón, onde se comercializaba con este produto.


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Desde o século XV, este era o lugar onde se emprazaba o antigo hospital de peregrinos.

Segundo consta no Catastro de Ensenada (1749-1756): “A la treinta dixeron que en dha villa, ay el hospital que llevan declarado, y es de la fundacion dha, y la renta que tiene para su permanencia se remiten a la relacion que…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

O conxunto está formado por unha extensa finca con zonas de xardín e arboredo, a Capela de San Miguel, a Fonte do Capitán, hórreo,…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Antigas casas dos cóengos, construídas en 1790 para residencia dos eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da Colexiata de Santa María A Maior de Iria Flavia, até a súa supresión e conversión en parroquia no 1851.

Trátase dunha edificación de estilo neoclásico, de planta rectangular moi alongada, acadando na fachada uns 159 metros. Fábrica de cantaría de granito. A construción está estruturada pola repetición dun módulo habitable ou vivenda, conformada…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Edificación (casa-mesón) de estilo neoclásico, de planta rectangular e dous andares, construído en perpiaños e cachotaría. Grande soportal sobre altos esteos de granito, abranguendo as dous andares.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Paseo fluvial á beira do Sar, construído arredor do 1832 sobre o meandro do río Sar, e recuberto por plátanos de sombra. Está presidido ao norte polo Monumento a Rosalía de Castro, obra de José María Mateos, e ao sur pola de Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía. O carácter deste paseo dallo a súa arquitectura, o arboredo e a perspectiva.

O conxunto…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Edificación de estilo neoclásico, de dous andares, construída en perpiaños. Fachada con portas de orellas, de enmarcado con relevo. Balcón central en forxa de ferro. Esta edificación, xunto coa Casa do Administrador da Orde Terceira, ambas propiedade da Fundación Paideira Galiza, estaban vinculadas co…


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Foi a antiga residencia dos capeláns da igrexa, até a súa desamortización na Primeira República. Trátase dunha edificación de estilo barroco, practicamente cadrada, de dous andares, construída en perpiaños e cachotaría. Patín con escaleira de peitoril. Grande cheminea de magnífico deseño.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura civil

Desde a Idade Media celébrase o mercado, onde se vendían e venden todo tipo de mercadorías. Este espazo estaba reservado para o mercado de vacún, mular e cabalar. O mercado de porcos foi traladado á Porta do Reloxo por cuestións de salubridade e polas queixas veciñais.

En 1609, Jerónimo del Hoyo, cardeal de Compostela, escribiu sobre as feiras de gando que se celebraban durante a…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

Antiga casa dos capeláns, construída no século XVIII para residencia dos eclesiásticos que atendían os servizos relixiosos da antiga Colexiata de Santa María A Maior de Iria Flavia, até a súa supresión e conversión en parroquia no 1851. Trátase dunha edificación exenta e enmarcada no recinto da colexiata. Ten dous andares e está…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

A edificación orixinal tiñas muros de cachotaría con fachadas caleadas. A actual vivenda, datada de finais do século XX, é de cantaría rústica, con escaleira sen peitoril e patín. Ten un soportaliño baixo o avance do andar nobre, que se carga nestes cadrados, con capiteis


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil

A familia de Rosalía de Castro trasladouse a esta vivenda da Matanza en 1883. Conservamos unha fotografía na horta, de 1884. Ela está rodeada polos seus, ten unha flor nunha man e acariña un cadeliño pinto que se agocha, como se non quixese saír na foto. Cando no mes de abril dese mesmo ano publica En las orillas del Sar está gravemente enferma. “Ya que de la esperanza, para la vida mía, / triste y descolorido ha llegado el ocaso, / a mi morada oscura, desmantelada y…


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura civil

Xardín do século XIX, construído nun predio da calzada romana pertencente aos Condes de San Xoán. Foi construído seguindo os modelos característicos da época, mesturando estilos italiano, inglés e francés. O 11 de xaneiro de 1946 foi declarado monumento artístico, grazas sobre todo ao labor de Manuel Chamoso Lamas, naqueles tempos Comisario do Servizo da Defensa do Patrimonio Nacional. Pouco despois as distintas especies botánicas presentes no xardín foron clasificadas e…


Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura civil